Saltar ao contido

Manuel Orovio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Orovio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Manuel Orovio Echagüe Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1817 Editar o valor en Wikidata
Alfaro, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de maio de 1883 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Senador do Reino
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1386194


Manuel de Orovio y Echagüe, nado o 17 de xullo de 1817 en Alfaro,[1] e finado o 18 de maio de 1883[2] en Madrid, 1º marqués de Orovio, aristócrata, avogado e político español, foi ministro de Facenda e Fomento durante os reinados de Isabel II e Afonso XII durante o que tamén foi ministro de Ultramar de forma interina.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Alfaro, fillo de Juan de Orovio e Colomo e de Antonia de Echagüe e Eguilor, pertencentes a familias aristócratas rioxanas. Licenciado en Dereito pola Universidade de Zaragoza e militante do Partido Moderado, iniciou a súa carreira política como alcade da súa cidade natal até obter nas eleccións de 1850 unha acta de deputado pola circunscrición de Logroño, escano que repetiría de forma case consecutiva até as eleccións de 1867 en que pasou ao Senado como senador vitalicio.

No entanto ao se producir a Revolución de 1868 afastouse da vida política non retornando á mesma até o fin da Iª República na que volveu ao Congreso coas eleccións de 1876 de novo representando a Logroño e onde permanecería ata que en 1879 volveu novamente ao Senado como senador vitalicio, distinción que perdera coa chegada da Iª República.

Retrato de Manuel Orovio.

Foi ministro de Fomento entre o 16 de abril e o 21 de xuño de 1865, e entre o 10 de xullo de 1866 e o 23 de abril de 1868 en senllos gobernos Narváez, destacando nesta segunda etapa o seu enfrontamento co estamento académico máis progresista ao emitir unha circular que prohibía calquera ensino contrario á fe católica, á monarquía ou ao sistema político vixente, e que motivou a expulsión das súas respectivas cátedras aos profesores Salmerón e Castelar, entre outros, por medio do desde entón chamado Decreto Orovio.[Cómpre referencia] Posteriormente, entre o 31 de decembro de 1874 e o 12 de setembro de 1875 foi novamente ministro de Fomento nesta ocasión nun gabinete Cánovas, período que volveu caracterizarse polo seu enfrontamento co profesorado universitario e que supuxo a separación da cátedra de Francisco Giner de los Ríos e o seu confinamento no Castelo de Santa Catalina en Cádiz.[3]

Igualmente foi ministro de Facenda entre o 23 de abril e o 20 de setembro de 1868 nun goberno González Bravo; e entre o 11 de xullo de 1877 e o 19 de marzo de 1880 nos sucesivos gobernos que presidiron Cánovas, Martínez Campos e novamente Cánovas. Á fronte deste ministerio realizou unha brillante xestión destacando a súa posta ao día do pago dos haberes ás clases dependentes do Tesouro, a eliminación do sistema de préstamos particulares ao Estado, a dotación ao Tesouro de recursos permanentes e adecuados, a mellora da recadación pública e o equilibrio orzamentario.

Outros cargos e méritos

[editar | editar a fonte]

Foi gobernador civil de Madrid en 1858,[4] cabaleiro da Orde de Carlos III, cabaleiro da Orde de Isabel a Católica e cabaleiro da Lexión de Honra; e desde 1868 marqués de Orovio e senador vitalicio dende 1881.[4]

  1. "Partida de nacemento no Senado". Consultado o 17-07-2017. 
  2. "Partida de defunción no senado". Consultado o 17-07-2017. 
  3. Aitor Anduaga Egaña. "La regeneración de la astronomía y la la meteorología españolas: Augusto Arcimís (1844-1910) y el institucionalismo" (PDF). 
  4. 4,0 4,1 Pascual, Pedro (1999). El compromiso intelectual del político: ministros escritores en la Restauración canovista. Madrid: Ediciones de la Torre. p. 162-163. ISBN 84-7960-247-3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]