Anne Heche
Anne Heche | |
---|---|
![]() Anne Heche o 14 de xullo de 2014. | |
Nome completo | Anne Celeste Heche |
Nacemento | 25 de maio de 1969 (51 anos) |
Lugar | Aurora, Ohio, ![]() |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Nai | Nancy Heche |
Cónxuxe(s) | Ellen DeGeneres (1997–2000) Coleman Laffoon (2001–2009) James Tupper (2007–presente) |
Fillos | 2 |
Profesión | Actriz, guionista, directora de cine (1987-presente) |
http://www.anneheche.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Anne Celeste Heche, nada o 25 de maio de 1969 en Aurora, Ohio, é unha actriz, realizadora, escenógrafa e produtora norteamericana. Acadou gran fama a nivel mundial durante a súa relación coa actriz e presentadora Ellen DeGeneres e a posterior ruptura.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Anne Heche comezou a súa carreira con 12 anos como corista nun café teatro para contribuír á subsistencia da súa familia. Descuberta por un cazatalentos aos 15 anos, cando participaba nas obras de teatro do seu instituto, rexeitou participar na serie As the world turns para poder seguir axudando á súa familia. Finalmente, con 17 anos e despois de obter o seu diploma, partiu cara Nova York para participar na serie de televisión Another World interpretando ás xemelgas Vicky Hudson Frame e Marley McKinnon. As súas actuacións durante catro anos na serie supuxéronlle a consecución dun Daytime Emmy Award en 1991.
Anne Heche abandonou esta serie en 1991 para comezar a súa carreira cinematográfica. Despois dunha serie de filmes de pouco éxito, destacou en obras como Walking and Talking en 1996 e posteriormente con The Juror (O Xurado) xunto a Demi Moore. Pero foi a actuación como muller de Johnny Deep en Donnie Brasco o que lle valería as louvanzas da crítica. Participou posteriormente en Volcano ao lado de Tommy Lee Jones.
Filmografía como actriz[editar | editar a fonte]
- O Pioneers! (1992)
- If These Walls Could Talk (1996)
- The Juror (1996)
- Wild Side (1996)
- Walking and Talking (1996)
- Donnie Brasco (1997)
- Volcano (1997)
- I Know What You Did Last Summer (1997)
- Wag the Dog (1997)
- Psycho (1998, un remake do clásico de 1960 de Alfred Hitchcock)
- Return to Paradise (1998)
- Six Days Seven Nights (1998)
- The Third Miracle (1999)
- Ally McBeal (2000-2001)
- Prozac Nation (2001)
- John Q (2002)
- Birth (2004)
- Everwood (2004/2005)
- Nip/Tuck (2005)
- Fatal Desire (2006) (TV movie)
- Suffering Man's Charity (2006)
- Men In Trees
- Superman: Doomsday (só voz, 2007)
Filmografía como directora[editar | editar a fonte]
- Reaching Normal (2001) (TV)
- On the Edge (2001) (TV)
- Ellen De Generes: American Summer Documentary (2001) (TV)
- If These Walls Could Talk 2 (2000) (TV)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anne Heche ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en inglés)
- Anne Heche na IMDb (en inglés).