Tommy Lee Jones
Tommy Lee Jones | |
---|---|
![]() Tommy Lee Jones, 2007. | |
Nome completo | Tom Lee Jones |
Nacemento | 15 de setembro de 1946 (76 anos) |
Lugar | San Saba, Texas, ![]() |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educado en | Universidade Harvard, Harvard College, St. Mark's School of Texas e Robert E. Lee High School |
Cónxuxe(s) | Katherine "Kate" Lardner (1971–1978) Kimberlea Cloughley (1981–1996) Dawn Laurel (2001–presente) |
Fillos | 2 |
Profesión | Actor, director |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tom Lee Jones, nado en San Saba (Texas) o 15 de setembro de 1946, coñecido como Tommy Lee Jones, é un actor e director de cine estadounidense, gañador dun Oscar, de ascendencia galesa e cherokee.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou en Harvard, onde se graduou cum laude en 1969. Comezou actuando en Broadway en televisión, facendo a súa estrea no cine en 1970 na película Love Story. En 1983 recibiu un Emmy como mellor actor polo seu papel como o asasino Gary Gilmore nunha adaptación televisiva.
En 1993 recibiu o Oscar ó mellor actor secundario polo seu papel en O fuxitivo. Esta e outras películas nas que actuou durante a década de 1990 convertérono nun dos actores mellor pagados de Hollywood.
Tommy Lee Jones fíxose famoso na cinta O fuxitivo, xunto a Harrison Ford, ao interpretar a Samuel Gerard, en US Marshals.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tommy Lee Jones ![]() |
- Actores de Texas
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Directores de cine dos Estados Unidos de América
- Guionistas dos Estados Unidos de América
- Nados no condado de San Saba, Texas
- Nados en 1946
- Estadounidenses de ascendencia galesa
- Estadounidenses de ascendencia cherokee