Andrea Costas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Andrea Costas Lago, nada en Vigo en 1978, é unha artista e fotógrafa galega. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras Formas de Ser, publicado no 2002, no ano 2006 publica na mesma colección Do Trinque o seu segundo libro, Persoal e Transferíbel, un proxecto que se expuxo na Fundación Torrente Ballester de Santiago de Compostela.

Tamén realizou exposicións individuais no Pazo de Mugartegui de Pontevedra, no Outono Fotográfico de Ourense (2002), na Fundación Laxeiro de Vigo (2003) e dentro do ciclo Miradas Virxes no Terceiro Espazo do Centro Torrente Ballester de Ferrol (2001).

Ten participado en exposicións colectivas como A fraxilidade da mirada, no Pazo de congresos e Exposicións de Pontevedra; Esperando 1000 palabras, na Casa Galega da Cultura (Vigo); Boas Pezas, na SalaX da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (2006); Colección Fotográfica do Concello de Vigo, no Centro Portugués da Fotografía de Porto (2004/05); O Feito Fotográfico, no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (2004); Imaxes Maiores, (itinerante en distintas salas da Obra Social Caixa Galicia 2002); Identidades, na IX Fotobienal de Vigo e no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela; Novos Valores 2001, no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra (2001); Certame de Fotografía Injuve 2002, (itinerante por España 2002/03); Estancias, no COAG de Vigo e Mulleres Artistas, no Teatro principal de Pontevedra (2000).

Forma parte do colectivo artístico 3Marías e do grupo de performance Aquí? Agora? (Ciclo do CGAC Arte no Parque, Kaldarte, Chámalle X (Pontevedra), Ano da Memoria na Illa de San Simón, e Festival de Teatro Alternativo de Vigo (2006).

En 2012 realizou a performance O medo, na Cidade da Cultura de Galicia, co músico Nacho Muñoz e o poeta Daniel Landesa.

Ademais, recibiu a III Bolsa de Creación Fotográfica do Concello de Santiago de Compostela (2004/05), un accésit no Certame de Fotografía Injuve 2002, 1ºPremio no Certame de Artes Plásticas Novos Valores 2001 de Pontevedra, e gañou 1º Certame de Fotografía Deportiva Celta de Vigo (na categoría non profesional), no 2000.

Obras publicadas en libro[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]