Andrés Cisneros Pereiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrés Cisneros Pereiro
Nacemento26 de abril de 1820
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento1895
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfotógrafo e pintor
editar datos en Wikidata ]

Andrés Marcelino Cisneros Pereiro, nado en Sar, Santiago de Compostela, o 26 de abril de 1820 e finado na Coruña en 1895, foi un fotógrafo pioneiro galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Praza do Obradoiro, de terra, en 1858.

Foi fillo de María Pereiro e Valentín Cisneros, que era carpinteiro. Andrés emigrou a Cuba e Porto Rico, onde casou.[2] De volta a Compostela, arredor de 1855, rexentou un estudio na rúa do Vilar, onde facía retratos ao óleo e miniaturas,[3] e unha galería na Rúa Nova, onde facía talbotipos.[2] Cisneros foi o primeiro fotógrafo galego con estudio propio.[4]

Isabel II visitou a comezos de setembro de 1858 a Exposición Rexional Galega, montada no claustro do Mosteiro de San Martiño Pinario, visita na que non estivo acompañada polo fotógrafo da corte Charles Clifford. Daquela, a casa real encargoulle a Cisneros un álbum de fotografías da cidade, unha colección de dezanove estampas que son unhas das máis antigas de Galicia. O álbum consérvase no Arquivo do Palacio Real de Madrid.[3]

Cisneros foi membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]