Ramón Pernas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón Pernas
Ramon pernas.jpg
Nacemento4 de marzo de 1952
Lugar de nacementoViveiro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescritor, xornalista, guionista, crítico literario e editor literario
CónxuxeMilagros Frías
editar datos en Wikidata ]

Ramón Pernas López, nado o 4 de marzo de 1952 en Viveiro, é un xornalista, guionista, crítico literario e escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pernas estudou Ciencias da Información e socioloxía na Universidade Complutense, colaborou como crítico literario e articulista en publicacións como Tiempo e Interviú, e como columnista en Cuadernos del Norte e na axencia OTR. Foi subdirector de Nueva Empresa e director de Actual e traballou como guionista na TVE (Si yo fuera presidente). Durante oito anos foi director editorial de Espasa Calpe. Como escritor publicou as novelas Si tú me dices ven (1996), El pabellón azul (1998), Paso a dos, pola que recibiu o Premio Ateneo de Sevilla e que tamén resultou finalista do Premio Nacional de Literatura, Brumario (2000), Libro de actas (2003) e Del viento y la memoria (2006). En Poesía (in)completa (2008) axuntou nun único volume a práctica totalidade da súa obra poética.[1]. Ademais publicou contos en volumes colectivos e escribiu con José Mario Armero o libro Cien años de circo en España, tamén é autor con José Luis Cabo e Xosé Enrique Acuña de Galicia en blanco y negro (2000).

Pernas dirixe Ámbito Cultural do grupo El Corte Inglés e colabora como articulista en xornais como La Voz de Galicia e foi presidente do Club de Periodistas Gallegos en Madrid[2] e académico da Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo.

Libros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Poesía (in)completa» reúne los versos de Ramón Pernas, La Voz de Galicia, 23/12/2008.
  2. "Ramón Pernas, el cuarto presidente del Club". Club de periodistas gallegos en Madrid (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2018. 
  3. En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]