Ana María Alvajar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Ana María Josefina Alvajar López, nada na Coruña en 1918 e finada en Madrid en 2005, foi unha escritora e violinista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do político republicano César Alvajar e de Amparo López Jean, era irmá de María Teresa Alvajar López, Amparo Alvajar López e Javier Alvajar López. Desde moi nova mostra inclinación pola música e pasou a formar parte da Orquestra Filharmónica, constituída por afeccionados baixo a dirección de Alberto Garaizábal e máis tarde da Orquestra de Cámara da Sociedade Filharmónica desta mesma cidade. Durante a guerra civil, separada de seus pais, que estaban en territorio republicano, ten que facer fronte ás dificultades económicas nun primeiro momento e máis tarde en coidar pola integridade de seus irmáns. Así, tivo que agochar seu irmán Javier nunha aldea, quen desertara do exército nacional para pasarse ao bando republicano e non puido reunirse cos seus pais, exiliados en Francia, mentres non liberaron a súa irmá María Teresa, presa no cárcere da Coruña. Por fin, puido xuntarse cos seus pais en 1940 na localidade francesa de Vimoutiers. Tras dous anos en Francia, volta á Coruña en 1942, cidade en que se radica até 1948, cando se traslada a Madrid. No 2003 recibe o Premio a la Lealtad Republicana da Asociación Manuel Azaña.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Vivencias (1986)
  • Notas sobre Amparo Alvajar, exiliada gallega (2003)
  • Soltanto lastre (2005). Ediciós do Castro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]