María Teresa Alvajar
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | agosto de 1921 A Coruña |
| Morte | 9 de xaneiro de 2016 Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | política, escritora, política |
| Familia | |
| Pais | César Alvajar |
| Irmáns | Amparo Alvajar Ana María Alvajar L. Jean Javier Alvajar López |
| Premios | |
| |
María Teresa Alvajar López, nada na Coruña en 1922 e finada en Madrid o 9 de xaneiro de 2016,[1] foi unha política e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do político republicano César Alvajar e de Amparo López Jeán,[2] era irmá de Ana María Alvajar, Amparo Alvajar e Javier Alvajar López. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi encarcerada con 17 anos na prisión da Coruña acusada de dirixir checas e o Servizo de Investigación Militar republicano.[1] No cárcere coincidiu con Esther Casares, filla de Santiago Casares Quiroga.[3] Exiliouse en Francia cos seus pais. Deixou testemuño da súa traxedia persoal e familiar no libro Memorias dunha republicana (Laiovento) editado por Aurora Marco.
Homenaxes
[editar | editar a fonte]En 2008 recibiu o Premio Galiza Mártir e en 2009 foi nomeada Republicana do ano pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.[2][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 I. B. (20 de xaneiro de 2016). "Muere María Teresa Alvajar, la última de una histórica saga republicana coruñesa". La Opinión A Coruña.
- 1 2 crmh (2024-03-06). "Teresa Alvajar López (Republicana de Honra 2009)". Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Consultado o 2025-04-16.
- ↑ "María Teresa Cristina Alvajar López - A Coruña das Mulleres". https://acorunhadasmulleres.gal/. Consultado o 2025-04-16. Ligazón externa en
|páxina-web=(Axuda) - ↑ "María Teresa Alvajar, represaliada por el franquismo, pide que «ninguén olvide»". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-08-17. Consultado o 2025-04-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 354. ISBN 978-84-8341-146-9.