Ambrosio Oróns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ambrosio Oróns
Nacemento1974
 Laxe
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Coruña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Ambrosio Oróns Baña, nado en Laxe en 1974, é un adestrador de fútbol e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade da Coruña e comezou a traballar como profesor de educación física en bacharelato. Posúe titulación de adestrador español de fútbol e adestrador tamén de natación.

Como xogador de fútbol a primeiros da década dos 90 xogou en diversos equipos da provincia coruñesa, tanto en Preferente como en Terceira División. Así, por exemplo, xogou no SD Laxe, Bergantiños FC, CCD Cerceda, SDC Ordes e, a partir de 1996 na SCD Malpica. No equipo malpicán xogou ata 2001. Como adestrador formouse con Luís Calvo, e traballou como adestrador asistente no Laracha CF, primeiro con Pedro Vila, cando o equipo larachés chegou a disputar a fase de ascenso a Segunda B, e logo con José Luis Vara. En 2007 adestrou primeiro o CCD Cerceda e despois o SDC Ordes, os dous en Terceira División, e entre 2008 e 2011 quedou sen adestrar. Nese ano fichou polo Laracha CF, co que recuncou para a tempada seguinte 2014. En 2015 fichou polo Malpica.

Concelleiro polo Partido Popular en Laxe, en 2010 converteuse en voceiro do grupo popular e encabezou as listas populares ás eleccións de 2011, onde o seu partido duplicou resultados pero continuou por detrás do PSdeG. Logo de tres anos como concelleiro, durante os que ademais figurou como candidato nas listas do Partido Popular ao Parlamento de Galicia en 2012, dimitiu en 2014. En 2016, uns meses antes dos comicios galegos entrou finalmente no Parlamento de Galicia como deputado do PPdeG, en substitución de Santiago Freire, que acababa de ser designado alcalde de Noia logo dunha moción de censura.