Santiago Freire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santiago Freire
Santiago Freire abeijón.jpg
Nacemento1967
 Carantoña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]
Alberto Núñez Feijóo con Santiago Freire Abeijón.

José Santiago Freire Abeijón, nado en Carantoña, na parroquia de Tállara (Lousame) en 1967, é un veterinario e político galego do PPdeG, que foi alcalde de Lousame e na actualidade é o alcalde de Noia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no Instituto de Noia e Veterinaria na Facultade de León. Exerceu como veterinario no ámbito privado e acadou unha praza de inspector de Saúde Pública. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG no concello de Lousame, conseguindo a alcaldía grazas ao apoio do concelleiro independente, desbancando ao PSdeG-PSOE que levaba gobernando o concello dende as primeiras eleccións democráticas. Nas sucesivas eleccións acadou a maioría absoluta. En setembro de 2012 renunciou á alcaldía para formar parte da candidatura do PPdeG para eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012, nas cales resultou elixido deputado no Parlamento de Galicia.

Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG, pero neste caso á alcaldía de Noia. A súa candidatura non obtivo a maioría absoluta e quedou na oposición durante uns meses, ata que en febreiro de 2016 e grazas a unha moción de censura co apoio de Noieses Independientes Agrupados (NO.I.A) accedeu ao posto de alcalde.[1]


Predecesor:
José Vidal Castelo
 Escudo de Lousame.svg
Alcalde de Lousame
 
2003 - 2012
Sucesor:
Teresa Villaverde Pais
Predecesor:
Miguel Paz Barreiro
 Escudo de Noia.svg
Alcalde de Noia
 
2016 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Santiago Freire, do PP, xa é o alcalde de Noia, La Voz de Galicia, 17/02/2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]