Saltar ao contido

Almudena Domínguez Arranz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlmudena Domínguez Arranz
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1949
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Española
Educación Universidade de Zaragoza.
Q89547790Estudos de numismática antiga.
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía e numismática.
Ocupaciónarqueóloga, profesora, numismático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidad de Zaragoza. Departamento de Ciencias de la Antigüedad (en) Traducir
Universidade de Zaragoza, investigadora Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoV. Puyadas; A. Aguilera; M. C. Gregorio; A. Manchón; M. P. Peña; A. Gordón; N. Navarro.
Premios
1979: Institución Fernando el Católico.

Sitio webalmudenadominguezarranz.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX906283 Dialnet: 93385

Almudena Domínguez Arranz, nada en Vigo o 3 de xullo de 1949, é unha arqueóloga e profesora universitaria galega establecida en Zaragoza, especialista en patrimonio arqueolóxico e numismático da Idade Antiga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Almudena Domínguez, nada en Vigo en 1949, marchou a Zaragoza para cursar estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Zaragoza, onde se licenciou en 1971. Acadou o seu doutoramento na mesma universidade en 1977, cunha tese titulada Las cecas Ibéricas del Valle del Ebro, que estableceu un novo modelo de investigación arqueolóxica inédito ata daquela en España,[1] e que foi publicada e premiada en 1979 pola Institución Fernando el Católico.[2]

Domínguez mantivo a súa vinculación á Universidade de Zaragoza durante toda a súa traxectoria profesional; nela exerceu a docencia da materia de Arqueoloxía no Departamento de Ciencias da Antigüidade, inicialmente como profesora contratada, e logo como profesora titular (desde 1987), como catedrática (desde 2012) e como colaboradora extraordinaria (desde 2020). Nesa institución académica dirixiu ademais diversos cursos de posgrao e mestrados en relación coa museoloxía, ata 2019.[1][3][4]

Entre 2003 e 2004, Domínguez foi profesora visitante na Universidade de Costa Rica.[1][4]

As súas liñas de investigación céntranse no patrimonio arqueolóxico e numismático, na museografía e na historia das mulleres na Antigüidade.[5] Sobre estes temas publicou máis dun centenar de traballos e dirixiu diversos proxectos de investigación, como "Política e xénero na propaganda na Antigüidade" ou "Aspectos de protourbanismo e primeiro fenómeno urbano en Europa Occidental".[1][4][6]

Tamén encabezou diversas escavacións arqueolóxicas, sobre todo para a Carta Arqueolóxica de Aragón, na provincia de Huesca, como as realizadas en Apiés, Sangarrén e La Vispesa, e outras escavacións noutros países, como as do oppidum galo-romano de Bibracte en Borgoña (1993-2000) ou La Castellina, en Civitaveccia, Italia.​ Ademais, Domínguez foi codirectora doutras escavacións en depósitos clave como o santuario-palacio orientalizante de Cancho Roano, en Badaxoz (1990-1993), o oppidum ibero-romano de La Vispesa, en Tamarit de Llitera (1984 -2006), e o hábitat etrusco de La Castellina del Marangone, en Roma (1995-2010), entre outras moitas.[1][4]

Entre outras entidades de carácter académico e asociativo, Domínguez é membro da Asociación Española de Investigación de Historia das Mulleres, da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia, da Asociación Internacional Jane et Marcel Dieulafoy (París), da Sociedade Catalá de Estudos Numismáticos (Barcelona), do Instituto de Estudos Altoaragoneses e da Fundación de Estudos Celtibéricos de Sagueda.​ Tamén forma parte de diversos comités científicos, como o coordinador dos Congresos Internacionais de Educación e Accesibilidade en Museos e Patrimonio (desde 2014), o organizador dos Simposios de Numismática Peninsular ou o organizador do Congreso Patrimonio e Cultura dos Pireneos.[1][4]

Igualmente, Domínguez forma parte dos consellos científicos de varias publicacións numismáticas, como Numisma (da Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos), OMNI ou Hécate.[4]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Ademais de decenas de artigos e colaboracións acerca de temas arqueolóxicos e numismáticos, Almudena Domínguez é autora de máis dunha ducia de monografías, entre as que se poden destacar as seguintes:[7][8][9]

  • (1979). Las cecas ibéricas del Valle del Ebro (tese de doutoramento). Institución Fernando el Católico, Zaragoza.
  • (1984). Carta arqueologica de Espana, Huesca (con A. Magallón et al.). Diputación Provincial de Huesca. ISBN 978-8450095784
  • (1990). La arquitectura Megalítica (con M. J. Calvo). Instituto de Estudios Altoaragoneses, Huesca. ISBN 978-8486856267
  • (1991). Medallas de la Antigüedad: las acuñaciones ibéricas y romanas de Osca. Ayuntamiento de Huesca. ISBN 84-86910-07-2
  • (1994). La Vispesa: foco de romanización de la Ilergecia Occidental (con E. Maestro). Instituto de Estudios Altoaragoneses. ISBN 978-8481270266
  • (1996). El patrimonio numismático del Ayuntamiento de Huesca (con C. Lasa et al). Ayuntamiento de Huesca. ISBN 84-86910-24-2
  • (1998). Historia monetaria de la Hispania Antigua (con C. Alfaro, P. P. Ripollés et al.). Vico, Madrid, 1998.
  • (2004). Patrimonio Arqueológico en Suelo Urbano (ed.). Instituto de Estudios Altoaragoneses, Huesca. ISBN 84-8127-152-7
  • (2009). Patrimonio Arqueológico: su valor cultural y económico (ed.). Gobierno de Aragón, Zaragoza. ISBN 978-84-8127-208-6
  • (2010). Mujeres en la Antigüedad Clásica. Género, Poder y Conflicto (ed.). Sílex, Madrid. ISBN 978-84-7737-414-5
  • (2011). La Castellina a sud di Civitavecchia, origini ed eredità. Origines protohistoriques et évolution d’un habitat étrusque (con Gan-Aymerich). L’Erma di Bretschneider, Roma. ISBN 978-88-8265-603-4
  • (2013). Política y género en la Antigüedad: antecedentes y legado (ed.). Trea, Gijón. ISBN 978-84-9704-705-0
  • (2015). Género y enseñanza de la historia. Silencios y ausencias en la construcción del pasado (con R. M. Marina Sáez, eds.). Sílex, Madrid. ISBN 978-84-7737-934-8
  • (2021). Madres y familias en la Antigüedad. Patrones femeninos en la transmisión de emociones y patrimonio (con R. M. Marina e R. M. Cid). Trea, Gijón. ISBN 978-8418105425
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Zarzuela Gutiérrez, P. (2021). "Almudena Domínguez Arranz". En Proyecto Arqueólogas. Pioneras. Universitat de Barcelona.
  2. Véxase (1979) en "Publicacións".
  3. "Entrevista con Almudena Domínguez Arranz". Museo Oiasso, Irún (Oiasso.com)
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Inicio". Almudenadominguezarranz.es
  5. "Almudena Dominguez-Arranz". Researchgate.net
  6. "Investigación". Almudenadominguezarranz.es
  7. "Dominguez Arranz, María Almudena Arquivado 13 de abril de 2023 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  8. "Almudena Domínguez Arranz". Academia.edu
  9. "Publicaciones". Almudenadominguezarranz.es

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]