Saltar ao contido

Allosmerus elongatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Allosmerus»)

Allosmerus elongatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Infraclase: Teleostei
Orde: Osmeriformes
Suborde: Osmeroidei
Superfamilia: Osmeroidea
Familia: Osmeridae
Xénero: Allosmerus
Hubbs, 1925
Especie: A. elongatus
Nome binomial
Allosmerus elongatus
(Ayres, 1854)

Allosmerus elongatus é unha especie de peixe teleósteo da orde dos osmeriformes e familia dos osméridos,[1][2] a única pertencente ao xénero Allosmerus,[3][4] que habita nas costas do noroeste do Pacífico, desde a illa de Vancouver (Canadá) até San Francisco (California)[5]

É unha especie de eperlán, pouco abundante, e sobre a que se coñece moi pouco.[6]

Características

[editar | editar a fonte]

É un pequeno peixe de corpo esvelto, de 18 a 23 cm de lonxitude e ollos grandes. A súa de coloración é gris verdella no lombo e prateada na rexión ventral, cunha banda prateada máis brillante ao longo do flancos. A diferenza da maioría das outras especies de osméridos, que xeralmente non teñen dentes grandes no padal, esta especie ten un único dente grande no centro do vómer, que ás veces está acompañado por dentes máis pequenos, un a cada lado. Os machos adultos teñen unha aleta anal moi longa.[7]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Allosmerus elongatus é un peixe mariño, demersal, bentopeláxico, non migratorio, que nada nas costas en augas temperadas a profundidades de entre 1 e 103 m,[8] no Pacífico nororiental, desde a illa de Vancouver (Canadá) até San Francisco (California, Estados Unidos de América), entre os 50° N e o 35° N, e os 129° W e os 121° W,[5] aínda que algúns espécimes se teñen atopado máis lonxe, cara ao sur, como na baía de San Pedro, á altura dos Ánxeles.[7]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Son relativamente abundantes nas baías. Reúnense en cardumes para a desova en zonas areosas submareais. Teñen importancia na cadea trófica, porque serven como alimento para peixes máis grandes.[5][7]

Este peixe ten relativamente pouca importancia económica, pero durante a primavera e o verán é utilizado como engado por algúns pescadores.[5][9]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1854 polo médico e ictiólogo Estados Unidos de América William Orville Ayres, baixo o nome de Osmerus elongatus,[1] en Proceedings of the California Academy of Sciences Vol. 1 (3-22). Tamén foi descrita como Osmerus attenuatus por W. N. Lockington en 1880.[10] Ambas as especies determináronse como conespecíficas en 1946.[11]

Posteriormente foi reclasificada dentro do xénero Allosmerus, que describiu en 1925 o tamén ictiólogo estadounidense Carl Leavitt Hubbs.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome do xénero, Allosmerus, está formado polo elemento do latín científico allo-, tirado do grego antigo ἄλλος ‎állos, "outro", anteposto ao nome do xénero Osmerus. Literalmente: "outro Osmerus".

O epíteto específico, elongatus, é o nominativo masculino singular do adxectivo do latín científico elongatus, -a, -um, derivado do verbo latino ēlongare, "alongar".

  1. 1,0 1,1 Allosmerus elongatus (Ayres, 1854) no WoRMS.
  2. Allosmerus elongatus (Ayres, 1854) no ITIS.
  3. 3,0 3,1 Allosmerus Hubbs, 1925 no WoRMS.
  4. Allosmerus Hubbs, 1925 no ITIS.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Froese R. & Pauly D., eds. (2017): Allosmerus elongatus (Ayres, 1854) na FishBase. (Versión outubro de 2016).
  6. Moyle, P. B. (2002): Inland fishes of California. 2ª ed. Berkeley/Los Angeles, California: University of California Press. ISBN 978-0-520-22754-5, p. 226.
  7. 7,0 7,1 7,2 Eschmeyer, W. N. et. al. (1983), p. 81.
  8. Love, M. S.; C. W. Mecklenburg; T. A. Mecklenburg and L. K. Thorsteinson (2005): Resource Inventory of Marine and Estuarine Fishes of the West Coast and Alaska: A Checklist of North Pacific and Arctic Ocean Species from Baja California to the Alaska-Yukon Border. Seattle, Washington: U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey, Biological Resounces Division.
  9. McClane, A. J. (1978): McClane's field guide to saltwater fishes of North America. New York: Macmillan. ISBN 978-0-8050-0733-6, pp. 79-80.
  10. Lockington, W. N. (1880): "Description of a new genus and some new species of California fishes (Icosteus aenigmaticus and Osmerus attenuatus). Proc. US Nat. Mus. 80: 63-68.
  11. McAllister, D. E. (1963): "A revision of the smelt family, Osmeridae". National Museum of Canada Bulletin 191: 29-31.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]