Saltar ao contido

Bentopeláxico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O cazón (Galeorhinus galeus), un exemplo de peixe batipeláxico.

O termo bantopeláxico é un adxectivo, formado pola raíz bento-, de bentos (do grego antigo βένθος bénthos, "o fondo mariño", "profundidade"), e o adxectivo peláxico, "o que nada en augas libres", que se aplica aos animais, especialmente aos peixes, que habitan nas augas mariñas xusto por riba do fondo, alimentánadose de organismos bentónicos e de zooplancton.[1] Os máis dos peixes demersais son bentopeláxicos.[2]

Tipos de peixes bentopeláxicos

[editar | editar a fonte]

Todos os peixes teleósteos bentopeláxicos teñen vexiga natatoria.

As especies dominantes, macroúridos e ofidíidos, teñen unha considerable biomasa. Outras especies inclúen os móridos e os notacantiformes.[3]

Os tiburóns bentopeláxicos, como os escualiformes, logran a súa flotabilidade grazas ao aceite do seu fígado[4] Os tiburóns adáptanse ben a presións moi altas. A miúdo encóntranse en profundidades de até os 2.000 m, buscando alimento en restos caídos doutros animais mortos, como baleas. Porén, as demanda de enerxía dos tiburóns é alta, xa que teñen que nadar constantemente e gastar unha gran cantidade de aceite para asegurar a súa flotabilidade. Estas grandes necesidades de enerxía non poden cumprirse nas condicións extremas oligotróficas que ocorren a grandes profundidades.[4]

  1. Mauchline, J. and Gordon, J. D. M (1986): Download "Foraging strategies of deep-sea fish", Mar. Ecol. Prog. Ser. 27: 227-238.
  2. Walrond, C. Carl: "Coastal fish - Fish of the open sea floor", en Te Ara - the Encyclopedia of New Zealand.
  3. Bone (2008), p. 43.
  4. 4,0 4,1 Bone (2008), p. 42.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bone, Q e Moore, R. H. (2008): Biology of Fishes. Taylor & Francis Group. ISBN 978-0-415-37562-7.
  • Merrett N. R. e Haedrich R. L. (1997): Deep-sea demersal fish and fisheries. Chapman and Hall. ISBN 978-0-412-39410-2.
  • Moyle, P. B. e Cech, J. J. (2004): Fishes, An Introduction to Ichthyology. Quinta edición, Benjamin Cummings. ISBN 978-0-13-100847-2.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]