Alicia Arévalo González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlicia Arévalo González
Biografía
Nacemento1964
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid
Coñecido porEstudos de numismática da Antiga Grecia.
Actividade
Campo de traballoNumismática, arqueoloxía e museística
Ocupaciónarqueóloga , profesora universitaria , escritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cádiz Editar o valor em Wikidata
Premios
- (2008 e 2010): Premio Human.
- (2011): Premio de Investigación de Temas Tarifeños.

Dialnet: 47879


Alicia Arévalo González, nada en Madrid en 1965, é unha arqueóloga e numismática española, investigadora e divulgadora do patrimonio histórico e de sitios arqueolóxicos, especializada en numismática grega e na antiga cidade romana de Baelo Claudia (Cádiz).[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alicia Arévalo licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade Autónoma de Madrid e acadou o doutoramento en Arqueoloxía na mesma universidade, en 1992. Na UAM foi profesora asociada de Arqueoloxía e desde 1998 é profesora titular desa materia na Universidade de Cádiz. É membro de número da Academia Andaluza da Historia desde 2014, membro da Comisión Provincial de Patrimonio Histórico de Cádiz desde 2009, e vogal da xunta directiva da Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos, da que é membro desde 1993.[1][2]

Arévalo dirixiu un bo número de intervencións arqueolóxicas principalmente na provincia de Cádiz. Organizou congresos de índole internacional, estatal, autonómico andaluz e local, e dirixiu proxectos de investigación, entre os que cabe salientar os acometidos en Baelo Claudia, en Cádiz, lugar onde codirixiu a serie de Cursos Internacionais de Arqueoloxía Clásica, tanto no teatro romano como na necrópole, a través dun proxecto de I+D+i titulado Moneda para el más allá.[3][4][5] Fóra da Península, participou tamén nun proxecto na cidade de Pompeia, en Italia.[1][2]

É colaboradora científica do Departamento de Numismática e Medallística do Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid, institución na que se responsabilizou dun proxecto dentro do Sylloge Nummorum Graecorum, sobre as lendas paleohispánicas nas moedas das cidades da área meridional. Ademais colaborou coa publicación bibliográfica Année Philologique e coa Sociedade Española de Estudos Clásicos na súa publicación periódica Bibliografía de los Estudios Clásicos en España.[1][6][7]

Alicia Arévalo é autora de máis dun cento de publicacións, entre monografías, capítulos e colaboracións en libros conxuntos, artigos en revistas e achegas en congresos.[1][8] De entre elas, as súas publicacións sobre numismática hispana foron recollidas periodicamente na principal obra de referencia bibliográfica internacional de investigación numismática, A Survey of Numismatic Research, que cada cinco anos elabora e publica o Consello Internacional de numismática (cítase nas edicións: 1990-1995[9], 1996-2001[10], 2002-2007[11] e 2008- 2013[12]).

Na súa traxectoria como investigadora na UAM seguiu fundamentalmente dúas liñas durante a década de 1990: por unha banda a integración dos obradoiros monetarios hispánicos na súa contorna socioeconómica e, por outra, o estudo da importancia do cabalo na cultura ibérica a través da súa análise nas representacións na moeda. Nas primeiras décadas do século XXI orientou as súas investigacións cara á arqueoloxía funeraria e a numismática antiga.[1][3][4][13]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa traxectoria académica e investigadora foi recoñecida con diversos premios:[2]

  • Premio Human 2008 e 2010, da Universidade de Cádiz.[14]
  • Premio de Investigación de Temas Tarifeños 2011.

Escolma de publicacións[editar | editar a fonte]

  • (1993): Las monedas de Obulco. Universidade Autónoma de Madrid. ISBN 9788474774221
  • (1995): Bibliografía de los estudios clásicos en España (con A. Alvar Ezquerra et al.). Madrid. Sociedad Española de Estudios Clásicos/Ediciones Clásicas. ISBN 9788478821853
  • (1998): El Depósito monetal de Torelló d'en Cintes (Mahón, Menorca). Barcelona/Madrid.. Asociación Numismática Española / Museo Casa de la Moneda. ISBN 9788493013400
  • (2005): Sylloge Nummorum Graecorum España. Hispania. Ciudades del área meridional. Acuñaciones con escritura indígena. Madrid. Museo Arqueológico Nacional. ISBN 978-8481812459
  • (2007): Las cetariae de Baelo Claudia. Avance de las investigaciones arqueológicas en el barrio meridional (2000-2004) (con D. Bernal). Cádiz. Universidade de Cádiz. ISBN 9788498281552
  • (2011): El Theatrum Balbi de Gades (con D. Bernal). Cádiz. Universidade de Cádiz. ISBN 978-84-9828-360-0
  • (2013): Aprendiendo arqueología (con D. Bernal e A. Muñoz). Universidade de Cádiz. ISBN 978-8498283853
  • (2013): Las Cetariae de Baelo Claudia: Avance en las investigaciones arqueológicas en el barrio meridional 2000-2004 (con D. Bernal). Cádiz. Universidade de Cádiz. ISBN 978-8498281552
  • (2013): Ebusus y Pompeya. Ciudades Marítimas. Testimonios monetales de una relación (con D. Bernal et al.). Cádiz. Universidade de Cádiz. ISBN 978-84-9828-447-8
  • (2016): Monedas para el más allá. Uso y significado de las monedas en la necrópolis tardopúnicas y romanas de Ebusus, Gades y Malaca. Cádiz. Universidade de Cádiz. ISBN 9788498285529

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Alicia Arévalo González". La noche de l@s investigador@s. Fundación Descubre.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Currículum Abreviado: Alicia Arévalo González". Ministerio de Economía y Competitividad.
  3. 3,0 3,1 "Analizan el uso y significado de la moneda en necrópolis hispanas". En Sinc. La ciencia es noticia.
  4. 4,0 4,1 "Alicia Arévalo: «Ante la muerte, el humano es conservador»". En Diario de Ibiza. 10 de febreiro de 2012.
  5. Arévalo, A. (2017). "La participación de la moneda en la ceremonia de enterramiento tardopúnica de Gadir". En Trabajos de Prehistoria. Vol. 74. Nº 1.
  6. "Sylloge Nummorum Graecorum Arquivado 15 de marzo de 2018 en Wayback Machine.". Museo Arqueolóxico Nacional.
  7. "Sylloge Nummorum Graecorum España online : la ceca de Obulco Arquivado 02 de marzo de 2020 en Wayback Machine.". Museo Arqueolóxico Nacional.
  8. "Alicia Arévalo González". Fundación Dialnet.
  9. A Survey of numismatic research, 1990-1995. INC-ICN. ISBN 9788885873001
  10. A Survey of numismatic research, 1996-2001. INC-ICN. ISBN 9780871842008
  11. A Survey of Numismatic Research 2002-2007 Arquivado 13 de xuño de 2020 en Wayback Machine.. INC-CIN. ISBN 9781902040950
  12. A Survey of Numismatic Research 2008-2013 Arquivado 02 de marzo de 2020 en Wayback Machine.. INC-CIN. ISBN 9788897805427
  13. "Alicia Arévalo González Arquivado 23 de maio de 2015 en Wayback Machine.". Universidade Autónoma de Madrid.
  14. "El Centro de Estudios Andaluces reconocido por la UCA con el Premio Human 2010". Centro de Estudios Andaluces.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]