Ali-Shir Nava'i

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAli-Shir Nava'i

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1441 Editar o valor em Wikidata
Herat (Dinastia Timúrida) Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xaneiro de 1501 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Herat (Dinastia Timúrida) Editar o valor em Wikidata
Visir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinastia Timúrida (pt) Traducir
Gran Khorasán Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e poesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
MovementoSufismo e Sunnismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua persa e Língua chagatai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MecenasHusayn Bayqarah (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Ali-Shir Nava'i, nado en Herat o 9 de febreiro de 1441 e finado na mesma cidade o 3 de xaneiro de 1501, tamén coñecido como Nizām-al-Din ʿAlisher Herawī (chagatai/persa: نظام‌الدین علی‌شیر نوایی‎‎) foi un escritor, político, lingüista e místico. [1] do Imperio Timúrido. Está considerado o máis recoñecido representante da literatura chagatai [2].

Nava'i cría que o turco[3] era superior ao persa para a creación literaria, algo desusado na época, e mesmo escribiu unha obra, Muhakamat al-Lughatay, defendendo esta tese.[4]

Está considerado no mundo turcófono como o fundador da primitiva literatura turca, e moitos lugares e institucións en Asia central levan o seu nome.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Retrato de Alisher Nava'i en Isfana, Kirguizstán

Alisher Nava'i naceu no noroeste do actual Afganistán, entón parte do Imperio Timúrido, Herat era entón un centro cultural e intelectual de primeira orde no mundo musulmán. Alisher pertencía á elite timúrida, seu pai Ghiyāth ud-Din Kichkina (O pequeno), era un alto funcionario no palacio de Shāhrukh Mirzā gobernante de Khorasan. Súa nai serviu como aia do príncipe no palacio. Seu pai morreu cando Alisher era novo, e outro gobernante de Khorasan, Babur Ibn-Baysunkur, converteuse no seu titor.

Alisher foi compañeiro de escola de Husayn Bayqarah que logo sería o sultán de Khorasan. Alisher e a súa familia tiveron que fuxir de Herat en 1447 tras a morte de Shāhrukh, o que creou unha situación política inestable. Logo de restaurarse a orde volveu a Herat nos primeiros anos da década de 1450. En 1456, Alisher e Bayqarah foron a Mashhad con Ibn-Baysunkur. O ano seguinte Ibn-Baysunkur morreu e Alisher proseguiu os seus estudos en Mashhad, Herat, e Samarcanda. Tras a morte de Abu Sa'id Mirza en 1469, Husayn Bayqarah logrou o poder en Herat, e Alisher deixou Samarcanda para poñerse ao seu servizo, e con el permaneceu durante as décadas que gobernou ata a súa morte en 1501.

Alisher Nava'i levou un estilo de vida ascético, sen nunca casar, ter concubinas nin fillos[6]

Selos que a URSS lle dedicou a Alisher Nava'i en 1942 con motivo do 500.º aniversario do seu nacemento

Inmensamente rico doou[5] da súa fortuna persoal para a realización de obra pública [6], favorecendo a edificación ou restauración de 370 mesquitas, madrasas, bibliotecas, hospitais, caravasares, tan só en Herat foi o responsable de 40 caravasares, 17 mesquitas, 10 mansións, nove baños, nove pontes, e 20 piscinas. Entre as súas máis famosas construcións están o mausoleo do poeta místico, Farid al-Din Attar, en Nishapur mais a madrasa Khalasiya en Herat.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Baixo o sobrenome literario de Nava'i, Alisher estivo entre os primeiros que revolucionaron o uso literario do turco. Malia ser o persa a lingua da corte, escribiu principalmente en chagatai, converténdoa nunha lingua literaria prestixiosa e respectada, aínda que tamén escribiu en persa, usando o sobrenome Fāni.

Os poemas máis coñecidos de Nava'i atópanse nos seus catro diwans, coleccións de poesía, que totalizan aproximadamente 50.000 versos. Cada parte do traballo corresponde cun período diferente da vida dunha persoa:

Unha páxina do diwan de Nava'i .Da biblioteca de Suleiman o Magnífico.
  • Ghara'ib al-Sighar (Marabillas da infancia)
  • Navadir al-Shabab (Rarezas da xuventude)
  • Bada'i' al-Wasat (Miragres da idade media)
  • Fawa'id al-Kibar (Beneficios de idade vella)

Para axudar outros poetas tamén escribiu obras técnicas como Mizan al-Awzan, un detallado tratado de versificación; ou o monumental Majalis al-Nafais, unha colección de 450 esbozos biográficos de poetas contemporáneos.

Outra grande obra é Khamsa, composto por cinco poemas épicos, é remedo do Khamsa de Nizami Ganjavi:

  • Hayrat-ol-abrar (Marabillas das boas persoas) (حیرت الابرار)
  • Farhad va Shirin (Farhad e Shirin) (فرهاد و شیرین)
  • Layli va Majnun (Layli e Majnun) (لیلی و مجنون)
  • Sab'ai Sayyar (Sete viaxeiros) (سبعه سیار) (sobre os sete planetas)
  • Sadd-i-Iskandari (O muro de Alexandre) (سد سکندری) (sobre Alexandre o Grande)

Alisher Tamén escribiu Lison ut-Tayr (لسان الطیر ou Linguaxe dos paxaros) seguindo a obra de Attar Manteq-ol-tayr منطق الطیر ou Discurso dos pxaros), no que expresou a súa visión filosófica e as súas ideas sufís. Traduciu Nafahat-ul-uns (نفحات الانس) de Jumi ao chagatai co título de Nasayim-ul-muhabbat (نسایم المحبت).Besh Hayrat tamén dá unha ollada en profundidade ao seu pensamento sobre relixión e sufismo. O seu libro de poesía persa contén 6.000 liñas (beits).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Subtelny, Maria E., “ʿAlī Shīr Navāʾī”, in: Encyclopaedia of Islam 3ª ed. Editada por: Kate Fleet, Gudrun Krämer, Denis Matringe, John Nawas, Everett Rowson
  2. Robert McHenry, ed. (1993). "Navā'ī, (Mir) 'Alī Shīr". Encyclopædia Britannica 8 (15th ed.). Chicago: Encyclopædia Britannica, Inc. p. 563. 
  3. Neste artigo turco refírese ao chagatai ou ás linguas turcas en xeral, non á actual lingua turca
  4. Ali Shir Nava'i Muhakamat al-lughatain tr. & ed. Robert Devereaux (Leiden: Brill) 1966
  5. A. Shay (2014) The Dangerous Lives of Public Performers: Dancing, Sex, and Entertainment in the Islamic World. Springer, p. 240
  6. The Biographical Dictionary of the Society for the Diffusion of Useful Knowledge, Volume 2, Issue 1 (18443). Longman, Brown, p. 133