Nizami Ganjavi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nizami Ganjavi
Nizami Rug Crop.jpg
AlcumeНизами Гянджеви
Nacemento1141
 Ganja
Falecemento1209
 Ganja
SoterradoGanja
NacionalidadeEldiguzids
EtniaPersas e Pobo azarí
Ocupaciónpoeta, escritor e filósofo
editar datos en Wikidata ]

Nizami Ganjavi (en persa: نظامی گنجوی, literalmente Niẓāmī de Ganja, transliterado Niẓāmī Ganjavī), Nizami Ganje'i,[1] Nizami,[2] ou Nezāmi, de nome formal Jamal ad-Dīn Abū Muḥammad Ilyās ibn-Yūsuf ibn-Zakkī,[3] nado en Ganja en 1141 e finado na mesma cidade en 1209, foi un poeta persa[1][4][5][6][7][8] sunnita,[9] considerado o maior poeta épico romántico da literatura persa,[10] á que levou o estilo coloquial e realista.[2][11] O seu legado é amplamente apreciado e compartido por Afganistán,[1] Acerbaixán,[12] Irán,[1] o Kurdistán[13][14][15] e Taxiquistán.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nizami Ganjavi na recepción do xa. Miniatura, 1570. Museo de Historia de Acerbaixán

O seu nome persoal era Ilyas[1] e o seu pseudónimo era Nizami and Neẓāmi. Naceu nunha área urbana[12] de Ganja (Imperio Selxúcida,[11] actualmente en Acerbaixán) e crese que pasou toda a súa vida no sur do Cáucaso. Segundo De Blois, Gəncə era unha cidade que nesa época tiña unha poboación predominantemente iraniana.[1] O historiador armenio Kirakos Gandzaketsi (c. 1200 – 1271) menciona que "a cidade estaba densamente poboada con iranianos e un pequeno número de cristiáns".[16] Como Nizami non era un poeta da corte, non aparece nos anais das dinastías.[17] Os tazkerehs, recompilacións de memorias literarias que inclúen máximas de grandes poetas con información biográfica e comentarios do seu estilo refírense a el brevemente.[17] Gran parte do material nos tazkerehs está baseado en lendas, anécdotas e rumores,[17] polo que só se coñecen poucos feitos da vida de Nizami,[12][17] e a única fonte é a súa obra, que non achega moita información persoal.[12]

Pais[editar | editar a fonte]

Nizami quedou orfo[2][18] moi novo e foi criado polo seu tío materno Khwaja Umar, que se responsabilizou del e lle deu unha excelente educación. A súa nai, chamada Ra'isa, era de orixe kurda.[2][12][19] O seu pai, de nome Yusuf, aparece mencionado unha vez na poesía de Nizami.[2] Nos mesmos versos indica que o nome do seu avó era Zakki. En parte da mesma obra[20] tense considerado a palabra Mu'ayyad como un título de Zakki,[3] mentres outros estudosos o interpretan como o nome do seu bisavó. Algunhas fontes afirman que o seu pai puidera ser de Qom.[2][19] Nizami aparece mencionado tanto como persa coma iraniano.[4]

Familia[editar | editar a fonte]

Nizami casou tres veces. A súa primeira esposa era unha moza escrava kipchak que lle foi enviada por Fakhr al-Din Bahramshah, gobernador de Darband, como parte dun agasallo. Segundo Iraj Bashiri, ela foi a esposa "máis amada" de Nizami. Con ela tivo o seu único fillo, Mohammad. Ela faleceu pouco despois de que completase a obra Khusraw o Shīrīn, cando Mohammad tiña sete anos. Nizami volve mencionar o seu fillo en Leili o Majnun engadindo que tiña catorce anos e é a "mazá dos meus ollos". En Haft Peykar tamén o menciona e aconséllalle que adquira máis responsabilidades porque o seu pai está debilitándose.

Algúns autores de finais do século XX consideran que esta esposa se chamaba Afaq. Vahid Dastgerdi parece que foi o primeiro que propuxo este nome, mais ao mesmo tempo Said Nafisi e outras fontes discuten esta interpretación procedente dun verso de Nizami,[21][22] asumindo que nese verso Afaq simplemente significa "horizonte". As outras dúas esposas de Nizami faleceron prematuramente, coincidindo coa finalización dunha obra épica, o que fixo dicir ao poeta: "Deus, por que cada para cada masnavi teño que sacrificar unha esposa!".[23]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 C. A. (Charles Ambrose) Storey e François de Blois (2004), "Persian Literature – A Biobibliographical Survey: Volume V Poetry of the Pre-Mongol Period.", RoutledgeCurzon; 2.ª edición revisada (21 de xuño de 2004). ISBN 0-947593-47-0. páx. 363
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Meisami, Julie Scott (1995). [Nizami Ganjavi en Google Books. The Haft Paykar: A Medieval Persian Romance] |url= incorrecto (Axuda). Oxford University Press. 
  3. 3,0 3,1 Mo'in, Muhammad(2006), "Tahlil-i Haft Paykar-i Nezami", Teherán.: páx. 2
  4. 4,0 4,1 Chelkowski, P.J (1995), “Nizami Gandjawi”, Encyclopaedia of Islam, New Ed., vol. 8: 76–81. Online Version: Chelkowski, P. "Nizami Gandjawi, jamal al-Din Abu Muhammad Ilyas b. Yusuf b. Zaki Muayyad . Encyclopaedia of Islam. Edited by: P. Bearman, Th. Bianquis, C.E. Bosworth, E. van Donzel and W.P. Heinrichs. Brill, 2008. Brill Online
  5. Bernard Lewis, “Music of a distant drum”, Princeton University Press, 2001. Páx. 9
  6. Julie Scott Meisami, Paul Starkeym, “Encyclopedia of Arabic Literature”, Taylor & Francis, 1998. Páx. 69
  7. "BACHER, WILHELM – Encyclopaedia Iranica". Iranicaonline.org. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2014. Consultado o 23 de marzo de 2014. 
  8. "Ganca (Azerbaijan) - Encyclopædia Britannica". Britannica.com. Consultado o 23 de marzo de 2014. 
  9. Bertels, E.E. (1962). Selected Works, Nizami and Fizuli. "the fact that unlike the Shia Iranians, "Nizami was righteous Sunni"". Oriental Literature. 
  10. CHARLES-HENRI DE FOUCHÉCOUR, "IRAN: Classical Persian Literature" en Encyclopædia Iranica
  11. 11,0 11,1 Neẓāmī. Encyclopædia Britannica Online (Encyclopædia Britannica). 2009. Consultado o 28 de febreiro de 2009. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Jan Rypka (Rypka, Jan. "Poets and Prose Writers of the Late Saljuq and Mongol Periods", 2n The Cambridge History of Iran, Volume 5, The Saljuq and Mongol Periods, ed., publicado en xaneiro de 1968. páx. 578
  13. Vladimir Minorsky. [Nizami Ganjavi en Google Books. Studies in Caucasian History] |url= incorrecto (Axuda). Consultado o 23 de marzo de 2014. 
  14. Thomas de Waal. [Nizami Ganjavi en Google Books. The Caucasus: An Introduction] |url= incorrecto (Axuda). Consultado o 23 de marzo de 2014. 
  15. "Nizami Ganjavi - USSR Politicization - Iranian Persian Civilization - Nezami Ganjei". Azargoshnasp.net. Consultado o 23 de marzo de 2014. 
  16. Gandzakatsi, Kirakos (1986). Kirakos Gandzakats'i's History of the Armenians / translation from Classical Armenian by Robert Bedrosian. Nova York. p. 197. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 Peter J. Chelkowski, "Mirror of the Invisible World", New York: Metropolitan Museum of Art, 1975.
  18. "The Poetry of Nizami Ganjavi: Knowledge, Love, and Rhetortics", Nova York, 2001. páx. 2
  19. 19,0 19,1 A) V.Minorsky: "Review of G. H. Darab translation of Makhzan al-Asrar" 1945 Minorsky, BSOAS., 1948, xii/2, 441–5) B) V. Minorsky, Studies in Caucasian History, Cambridge University Press, 1957. páx. 34
  20. Barazat Zanjani. “Layla va Majnun-I Nizami Ganjavi: matn-I Ilmi va intiqadi az ru-yi qadimtari nuskha-hayi khatti-I qarn-I hashtum ba zikr-i ikhtilaf-i nusakh va ma’ani lughat va tarikbat va kashf al-bayat”, Tehran, Mu’assasah-i Chap va Intisharat-i Danishgah Tehran, 1369 [1990]. páx. 28
  21. Lornejad, Siavash; Doostzadeh, Ali (2012). "On the Modern Politicization of the Persian Poet Nezami Ganjavi" (PDF). Iereván: Victoria Arakelova, YEREVAN SERIES FOR ORIENTAL STUDIES (Editor of the Series Garnik Asatrian), Caucasian Centre for Iranian Studies. pp. 173–175. 
  22. "ON THE MODERN POLITICIZATION OF THE PERSIAN POET NEZAMI GANJAVI: Siavash Lornejad, Ali Doostzadeh: Free Download & Streaming: Internet Archive". Archive.org. 10 de marzo de 2001. Consultado o 23 de marzo de 2014. 
  23. Iraj Bashiri,"The Teahouse at a Glance" – Nizami's Life and Works, 2000

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]