Alhazen
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (ar) أَبُو عَلِيّ ٱلْحَسَنٌ بْن ٱلْحَسَنٌ بْن ٱلْهَيْثَم c. 965 Basora (Dinastia Buyida) |
| Morte | 1039 O Cairo (Califato fatimí) |
| Residencia | O Cairo |
| Relixión | Islam |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Física |
| Ocupación | matemático, inventor, astrólogo, astrónomo, físico, filósofo, enxeñeiro |
| Alumnos | Al-Mubashshir ibn Fatik (pt) |
| Influencias | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Enciclopedia soviética xeorxiana, (vol:5, p.71) Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Abu Ali al-Hasan Ibn Al-Haitham (en árabe: أبو علي، الحسن بن الحسن بن الهيثم), latinizado como Alhazen, nado en Basora en 965 e finado no Cairo en 1040, foi un matemático e astrónomo árabe.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Físico e matemático árabe, Alhazen foi pioneiro no estudo da óptica, enxeñería e astronomía. Segundo Giambattista della Porta, foi o primeiro en explicar o fenómeno dos corpos celestes no horizonte, aínda que Roger Bacon atribúe este descubrimento a Tolomeo.
O seu tratado de óptica Kitab al-Manazir foi traducido ao latín por Witelo en 1270, a obra gozou de gran reputación durante a Idade Media. O libro de Alhazen é posiblemente o traballo máis antigo en usar o método científico: Alhazen empregou os resultados de experimentos para probar as súas teorías. A influencia de Alhazen chegou ata Francis Bacon e Johannes Kepler.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alhazen |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lorch, Richard (2008). "Ibn al-Haytham". Encyclopædia Britannica. Consultado o 2008-08-06.