Alexandros Papadiamandis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alexandros Papadiamantis")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alexandros Papadiamandis
Alexandros Papadiamantis.jpg
Nacemento4 de marzo de 1851
 Skiathos
Falecemento3 de xaneiro de 1911
 Skiathos
CausaPneumonía
NacionalidadeGrecia
EtniaGregos
RelixiónIgrexa Ortodoxa
Educado enVarvakeio e Universidade de Atenas
Ocupaciónxornalista, tradutor e escritor
Coñecido/a porsen etiquetar
Alexandros-papadiamantis-signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Alexandros Papadiamandis, nado en Skiathos o 4 de marzo de 1851 e finado o 3 de xaneiro de 1911, foi un escritor grego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Papadiamandis naceu na illa de Skiathos, no oeste do mar Exeo, lugar que aparece notablemente na súa obra. O seu pai foi sacerdote. Mudouse a Atenas de mozo para terminar os seus estudos de bacharelato, e iniciou estudos na facultade de filosofía de Atenas, pero nunca os terminou. Volveu á súa illa natal ao final da súa vida, onde morreu. Viviu de escribir, dende artigos en xornais e pequenas historias até varias novelas. Non casou. Morreu de pneumonía.

A novela A asasina (Ἡ φόνισσα) está considerada a súa obra fundamental.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]