A asasina (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A asasina
Título orixinalΗ Φόνισσα
Autor/aAlexandros Papadiamandis
OrixeGrecia
LinguaGrego
Xénero(s)Novela
EditorialGrecia Panathinaia
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub.Grecia 1903
Galicia 2012
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas144
ISBNISBN 978-84-941211-0-4
TraduciónSusana Losada e Margarita Olivar
editar datos en Wikidata ]

A asasina (en grego: Η Φόνισσα) é unha novela do escritor Alexandros Papadiamandis. Este foi o seu segundo traballo de escritura e é considerado un dos mellores da literatura grega moderna. Está escrito en grego katharevousa e consta de 17 capítulos. Foi publicado por primeira vez na revista "Panathinaia" de xaneiro a xuño de 1903, co subtítulo novela social. A trama da obra desenvólvese no lugar de orixe do escritor, Skiathos.

Foi traducido ó galego por Susana Losada e Margarita Olivar[1] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). Editorial Hugin e Munin. p. 14. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.