Brisbane Roar Football Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brisbane Roar FC
NomeBrisbane Roar FC Pty Ltd
Alcume(s)The roar
Fundación2005 (19 anos)
EstadioLang Park
Brisbane, Australia
Capacidade52.500
Presidente Dali Tahir
AdestradorAustraliaAnge Postecoglou
LigaA-League
2018-19
VestimentaReebok
PatrocinadorThe Coffee Club
Na rede
http://www.brisbaneroar.com.au/
Facebook: brisbaneroarfc Twitter: brisbaneroar Instagram: brisbaneroarfc Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Brisbane Roar FC é un club de fútbol de Australia, fundado no ano 2005.

Historia[editar | editar a fonte]

Tras o anuncio da creación dun novo campionato de liga, coñecido como A-League, varios empresarios da cidade de Brisbane decidiron impulsar a candidatura dun equipo que disputase a máxima competición. O consorcio que encabezaba a proposta chamábase Queensland Lions Soccer Club, nome inspirado nun club que xogou na National Soccer League desde 1977 ata 1988. En marzo de 2005, a empresa foi unha das oito elixidas para dirixir unha franquía na nova liga.

Inicialmente o equipo chamouse Queensland Roar, e con ese nome xogou as primeiras catro tempadas da liga. Tras realizar un papel mediocre nas súas dúas primeiras tempadas (sexto e quinto posto), Roar soubo reforzarse contratando xogadores como Craig Moore (Newcastle United) e Danny Tiatto (Leicester City) entre outros, cos que aspirar a cotas máis altas. Na tempada 2007-2008 terminou cuarto e chegou á final preliminar polo título, onde caeu ante os eventuais vencedores Newcastle Jets. En 2009 terminou terceiro e correu a mesma sorte na fase final.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: camiseta laranxa, pantalón granate e medias laranxas.
  • Uniforme alternativo: camiseta branca, pantalón laranxa e medias brancas.

Durante as primeiras tempadas o uniforme era camiseta laranxa e pantalóns azuis, en homenaxe ás orixes holandesas de Queensland Lions, aínda que Brisbane Roar non ten ningún vínculo étnico. De feito, Brisbane Roar mantén sinais de identidade da antiga franquía, como o león no escudo.

A empresa Reebok encárgase dos deseños da vestimenta, mentres que o patrocinador é The Coffee Club, unha franquía australiana de cafeterías.

Estadio[editar | editar a fonte]

Brisbane Roar disputa os seus partidos como local en Lang Park, coñecido por razóns de patrocinio como Suncorp Stadium. Ademais de albergar partidos de fútbol, fai ás veces de campo de rugby. Dispón de capacidade para 52.500 persoas.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro de xogadores da tempada 2011/2012[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
1 POR Australia Michael Theoklitos
2 DEF Australia Matt Smith
3 DEF Australia Shane Stefanutto
4 DEF Australia Matthew Jurman
5 DEF Australia Ivan Franjic
6 MED Australia Erik Paartalu
7 DIA Besart Berisha
8 MED Australia Massimo Murdocca
9 DIA Australia Kofi Danning
10 DEL Henrique
Posto País Xogador
11 MED Issey Nakajima-Farran
12 DEF Australia Matt Mundy
14 MED Australia Rocky Visconte
16 DEF Bahrain Sayed Mohamed Adnan
17 MED Australia Mitch Nichols
18 MED Australia Luke Brattan
19 DEF Australia Jack Hingert
20 POR Australia Andrew Redmayne
21 MED Australia James Meyer
22 MED Alemaña Thomas Broich

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]