Saltar ao contido

Pardela cincenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calonectris diomedea

A pardela cinsenta, pardela cincenta[1], pardela cinsenta mediterránea[2] ou pardela cincenta mediterránea[3] (Calonectris diomedea) é unha ave mariña da familia Procellariidae.

Esta pardela grande voa a bastante pouca altura, ás veces preto da costa, en pequenos grupos; con fortes ventos, voa moi ben. É abondosa no sur de Europa e fronte ao noroeste de África. No Mediterráneo, é bastante frecuente no verán, en illas e farallóns.

Preto das zonas de aniñamento, cando volta aos seus niños de noite, emite uns sons nasais e guturais até sobre poboacións, como Funchal en Madeira.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Sobre todo en mar a fóra, pero ás veces en baías amplas ou preto das costas en cabos e illas. Fóra da estación de cría, fronte ao oeste de Irlanda, norte de Francia e suroeste de Inglaterra.

  • Hume. Rob. 2002. Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega ISBN 84-282-1317-8

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  2. "pardela cinsenta mediterránea". TERGAL. Consultado o 18 de abril de 2024. 
  3. "pardela cincenta mediterránea". TERGAL. Consultado o 18 de abril de 2024.