Alcoutim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 37°28′00″N 7°28′00″O / 37.46667, -7.46667{{#coordinates:}}: Lonxitude incorrecta

Alcoutim
Alcoutim municipality coat of arms.png
Localización
LocalAlcoutim.svg
País Flag of Portugal.svg Portugal
Rexión Algarve
Subrexión Algarve
Distrito Faro
Xeografía
Superficie 576,57 km²
Demografía
Poboación 2 917 habitantes (2011)
Densidade 5,1 hab./km²
Xentilicio alcoutenejo
Outros datos
Código postal 8970
Alcalde Osvaldo Gonçalves (PS)
www.cm-alcoutim.pt

Alcoutim é unha vila arraiana portuguesa pertencente ao distrito de Faro, na rexión do Algarve, que conta con cerca de 1 100 habitantes.

Até a división administrativa de 1832 pertencía á provincia do Alentejo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A vila é a capital do municipio homónimo, o cal ocupa unha superficie de 576,57 km².[1] O municipio tiña no ano 2011 unha poboación de 2 917 habitantes,[2][3] o que facía unha densidade de 5,1 hab./km².

O xentilicio dos seus hbitantes é Alcoutenejo.

O municipio limita ao norte con Mértola, ao leste con España (municipios andaluces de El Granado, Sanlúcar de Guadiana e San Silvestre de Guzmán), ao sueste con Castro Marim, ao suroeste con Tavira e ao oeste con Loulé.

Freguesías de Alcoutim
(antes da fusión Alcoutim-Pereiro).

O concello está subdividido en 4 freguesías:[4]

División do Algarve en concellos, de Barlovento e de Sotavento. Co nº 14, Alcoutim.
Evolución da poboación do concello de Alcoutim (1864 – 2011)[6]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
8 063 8 736 8 912 9 306 9 204 8 747 9 124 10 620 10 808 9 288 6 727 5 262 4 571 3 770 2 917

En 2014 só naceron catro nenos en Alcoutim, o que situou ao concello no último lugar do ranking da natalidade no europeo.

En 2015 naceron 13 nenos.

En 2014, máis do 60 % da poboación do município tiña unha idade superior a 65 anos.[7]

Saldo vexetativo do concello de Alcoutim (2005 – 2009)
Ano Nados vivos Finados
2005 13 74
2006 19 87
2007 5 85
2008 14 87
2009 10 74

Comunicacións con España[editar | editar a fonte]

Existe unha balsa de pasaxeiros para Sanlúcar de Guadiana, pero non transporta vehículos.

Por estrada a distancia é de 70 km.

Historia[editar | editar a fonte]

As investigacións arqueolóxicas, efectuadas no interior do recinto do actual castelo, indican que a ocupación humana desta zona remóntase á prehistoria (neolítico e calcolítico). Segundo os vestixios encontrados, existiría na zona un castro lusitano. A finais do século X a.C., os fenicios estabeleceron unha factoría no Guadiana, baixo a vixilancia do castro lusitano. Mediado o seculo XVII a.C., os gregos crearon unha colonia na zona, que se fundiu coa poboación lusitana. A pricipios do século II a.C, no curso da invasión romana da península Ibérica, os romanos conquistaron Alcoutim cando este era xa un centro rico, cun porto fluvial moi frecuentado; a antiga fortaleza transformouse nun forte militar, base da ocupación e importante centro político, denominado Alcoutinium. Durante as invasións bárbaras da península, no ano 415 a vila foi tomada polos alanos, e a praza entrou en franca decadencia debido á paralización das exportacións minerais. En 715, durante a invasión musulmá da península Ibérica, a vila foi conquistada polos mouros, que lle cambiaron o nome polo de al-Quṭamî. Durante o período musulmán a vila non conseguiu recuperar a súa antiga importancia política e comercial. A súa defensa concentrouse non no treito do Guadiana onde estaba a antiga fortaleza, senón noutro, cerca de un quilómetro cara ao norte da actual poboación, coñecido como Castelo Vello de Alcoutim, abandonado nalgún momento entre os séculos XI e XII.[8]

Castelo de Alcoutim: vista sobre o róo Guadiana.

Na época da reconquista cristiá, a rexión foi conquistada polas forzas de Sancho II de Portugal en 1240. Co fin de incrementar o poboamento e a defensa destes dominios, o soberano privilexiou o sitio da actual vila, para cuxa defesa erixiuse un novo castelo, prolongándose os traballos da súa construcción durante toda a segunda metade do século XIII.[9]

Baixo o reinado de Dinís de Portugal (1279-1325), a poboación recibiu a súa carta foral (1304).[9] Data deste período a ampla cintura de murallas, na que se abren tres portas no castelo: a do Guadiana, a de Tavira e a de Mértola, dispostas segundo a orientación xeográfica correspondente.

Nas dependencias deste castelo foi asinado o tratado de Alcoutim, tratado de paz que se concertou o 31 de marzo de 1371 entre os reis Fernando I de Portugal e Henrique II de Castela, que poñía fin á primeira das guerras fernandinas, e estipulabase o casamento do rei portugués con Leonor de Trastámara filla do rei castelán.[9][10]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Segundo Adalberto Alves, no seu Dicionário de Arabismos da Língua Portuguesa, a orixe do topónimo Alcoutim é a expresión árabe al-Quṭamî, "o falcón real".[11] Porén, segundo outros autores, o nome derivaría do latino Alcontinium.[8]

Irmandamento[editar | editar a fonte]

O concello de Alcoutim está irmandado con:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Bandeira de Alcoutim 
Vista da vila desde o castelo 
Unha rúa de Alcoutim 
Vista da vila desde España 
Ermida da Nossa Senhora da Conceição 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Geográfico Português (2013). "Áreas das freguesias, municípios e distritos/ilhas da CAOP 2013" (XLS-ZIP). Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013. Direção-Geral do Território. Consultado o 20/10/2017. 
  2. INE (2012). Censos 2011 Resultados Definitivos – Região Algarve (PDF). Lisboa: Instituto Nacional de Estatística. p. 95. ISBN 978-989-25-0183-3. ISSN 0872-6493. Consultado o 20/10/2017. 
  3. INE (2012). "Quadros de apuramento por freguesia" (XLSX-ZIP). Instituto Nacional de Estatística. Consultado o 20/10/2017. 
  4. Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro: Reorganização administrativa do território das freguesias. Anexo I. Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Suplemento, de 28/01/2013.
  5. Resultado da fusión das antigas freguesias de Alcountim e de Oereiro.
  6. Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População).
  7. "Câmara dá cinco mil euros por cada bebé". Consultado o 20-102017. 
  8. 8,0 8,1 Fortaleza de Alcoutim (en portugués).
  9. 9,0 9,1 9,2 de Oliveira Marques, A. H. R. (1977): História de Portugal. Volume I. Queluz de Baixo, Oeiras: Editorial Presença. ISBN 978-97-2232-189-1.
  10. Olivera Serrano, César (2005): Beatriz de Portugal. La pugna dinástica Avís-Trastámara. Santiago de Compostela: CSIC. ISBN 84-0008-343-1.
  11. Alves, Adalberto (2013): Dicionário de Arabismos da Língua Portuguesa. Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda, S. A. ISBN 978-97-2272-163-9.
  12. Geminações de Cidades e Vilas. Alcoutim

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]