Alborada (Pontevedra)
Alborada | |
---|---|
País | España |
Lugar | Pontevedra |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 1922 |
Circulación | |
Frecuencia | 1 mes |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alborada. Publicación literaria foi unha revista editada en Pontevedra en 1922, integramente en lingua galega, mesmo a publicidade.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu en maio de 1922 e foi unha publicación literaria mensual en galego. Foi fundada por Xoán Vidal Martínez e Luís Amado Carballo, sendo dirixida por Modesto Bará Álvarez con Marcos Cabanillas como redactor-xefe.
Os colaboradores literarios foron: Ramón Cabanillas con "O cabaleiro do Sant Grial" publicou no primeiro volume, e tamén Vicente Risco, Antón Villar Ponte, Amado Carballo, que publicou "Maliaxe" no volume III, Leandro Carré Alvarellos, Antonio Noriega Varela, Francisca Herrera Garrido, Ramón Otero Pedrayo, Roberto Blanco Torres e Antón Losada Diéguez cun conto e unha lenda aparecidas no volume II. Na parte gráfica participaron Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Álvaro Cebreiro e Manuel Méndez Domínguez.
O último número saíu no verán de 1922, coincidindo co 25 de xullo, un volume especial cun editorial asinado por Nós e textos con alusións ao Apóstolo Santiago, á natureza, á raza e a Friedrich Nietzsche. Participaron neste número Eugenio Montes, Risco, Antón Vilar Ponte, Cabanillas, Amado Carballo, Manuel Antonio e Valentín Paz-Andrade.
Foi reeditada en facsímile en 1990 por Sotelo Blanco Edicións, con presentación de Xosé Filgueira Valverde.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ISBN 978-84-7824-029-6. Portada Arquivado 22/12/2017, en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Molina, César Antonio (1989). Prensa literaria en Galicia (1920-1960). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-430-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. II. Publicacións Periódicas. Galaxia. pp. 29–30. ISBN 84-8288-137-X.