Albino Núñez Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlbino Núñez Domínguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1901 Editar o valor em Wikidata
A Mezquita, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de febreiro de 1974 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalMaxisterio
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCarlos Núñez Rodríguez Editar o valor em Wikidata

Albino Núñez Domínguez, nado en San Pedro da Mezquita (A Merca) o 13 de decembro de 1901 e finado en Ourense o 7 de febreiro de 1974, foi un escritor, pedagogo e poeta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense. Exerceu de mestre en Amoroce (Celanova) e Maceda. Integrouse na Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO), que chegou a presidir. En 1932 ATEO decidiu editar a revista pedagóxica Escuela del Trabajo e encargoulle a Albino a súa dirección. Imprimiulle un carácter marcadamente técnico-pedagóxico, rexeitando de pleno o pernicioso memorismo e o excesivo intelectualismo da época e introducindo os métodos da Escola Nova,[Cómpre referencia] baseados nas máis recentes doutrinas pedagóxicas e en tentativas empíricas para a súa realización. Foi o primeiro medio de difusión que fixo chegar ás escolas da provincia ourensá as novas técnicas pedagóxicas (Montessori, Kerschensteiner, Decroly, Dewey, Cousinet etc...).

Aprobou a oposición ao Corpo de Directores Escolares e foi trasladado ao Grupo Escolar «Concepción Arenal» da Coruña, onde seguiu desenvolvendo as novas técnicas escolares, establecendo «novos fins» da educación e orientando para eses fins a obra social da escola «por medios psicobiolóxicos de adaptación do comportamento». Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e tivo que dedicarse ao ensino privado, primeiro en Lugo, e máis tarde en Ourense, onde funda, en 1949, o centro de ensino Estudios Galicia. O centro prestaba atención á formación de mestres que logo levarían ás súas aulas as novas técnicas de ensino.

En agosto de 1959 foi rehabilitado, primeiro como mestre e logo como director escolar, ocupando o seu último destino na Estrada (Pontevedra). Faleceu en Ourense o día 7 de febreiro de 1974.

Obra[editar | editar a fonte]

Gran parte da obra de Albino Núñez Domínguez permanece inédita. Entre os traballos da súa autoría figuran:

  • Parnaso Galaico (1956)
  • Musa Galega (1957)
  • A nosa fala (1958)
  • Maruxa ou a femineidade (1958)
  • Grandezas e miserias da nosa terra (1959)
  • Nin lendas negras nin historias brancas (1962)
  • Toponimia galaica (1965)
  • Romance de Castrelo de Miño (1966)[1]

É autor do libro Temas de pedagogía (1963), onde está recollido o seu ideario educativo, baseado nas súas experiencias persoais e en profundas lecturas dos pedagogos do seu tempo. Libro curioso na súa orixe (naceu como resultado das súas leccións orais ditadas aos alumnos, que actuaron a modo de amanuenses recollendo con fidelidade as súas palabras e facendo posible a súa edición), nel aborda, na súa case totalidade, a problemática educativa, caracterizándose pola súa gran capacidade de sínteses e pola súa claridade de exposición. Defende a escola activa e funcional, o respecto á liberdade do educando e propugna o método heurístico-socrático como o máis idóneo para chegar ao coñecemento da ciencia, método cuxa mecanización actual segue constituíndo a base do ensino programado.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Colaboracións en prensa[editar | editar a fonte]

Á parte da súa labor educativa, Núñez Domínguez realizou estudos xeográficos, de toponimia, literarios, traducións ao galego poemas de Antonio Machado e diversas colaboracións na prensa, como en: La Región, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Noche, Lar, Vieiros, ABC, El Pueblo Gallego e Irmandade (Caracas).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O CEIP de Casar do Mato (Ourense) leva o seu nome por proposta da Corporación municipal (1980).[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Albino, Carlos e Manuel Núñez Rodríguez.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]