A Mezquita, A Merca
A Mezquita | |
---|---|
Igrexa de San Pedro da Mezquita | |
Concello | A Merca[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°14′11″N 7°52′29″O / 42.2363298, -7.87470683 |
Poboación | 186 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro da Mezquita é unha parroquia do concello ourensán da Merca. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 244 habitantes (113 homes e 131 mulleres), 7 menos que no ano anterior.
Patrimonio histórico e artístico
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Pedro da Mezquita foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931. É de orixe románica (ten unha inscrición de 1202, malia que xa aparece citada no ano 986), con elementos de transición ao gótico. É de planta lonxitudinal e unha soa nave, que remata nun piñón. A ábsida está cuberta por dous teitos desiguais. A nave comunícase mediante un arco dobremente partido coa ábsida.
Desde a igrexa pódese contemplar o castro de San Marcos.
A torre de San Pedro da Mezquita foi no pasado sede do señorío da Casa de Bragança, pero tras sufrir diversos derrubes e modificacións, na actualidade consérvase só a parte inferior.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Mezquita
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia da Mezquita no concello da Merca (Ourense) | |
---|---|
Arcas | O Campo | Compostela | A Eirexa | Freixeiro | Loureiro | Nogueira | Outeiro | A Torre | O Val |
Parroquias da Merca
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Navaza, G. (2016). "Sarmiento toponomástico. O topónimo Mezquita". Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega "Frei Martín Sarmiento" (PDF). Asociación Galega de Onomástica.