Alan J. Pakula
Alan J. Pakula | |
---|---|
![]() Pakula en Suecia (1990) | |
Nome completo | Alan Jay Pakula |
Nacemento | 7 de abril de 1928 |
Lugar | Nova York |
Falecemento | 19 de novembro de 1898 (70 anos) |
Lugar | Melville, Nova York |
Causa | accidente de tráfico |
Nacionalidade | ![]() |
Educado en | Universidade Yale |
Cónxuxe(s) | Hope Lange (1963–71) Hannah Cohn Boorstin (1973–98) |
Profesión | Director, produtor, guionista |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alan Jay Pakula, nado en Nova York o 7 de abril de 1928 e finado en Melville (Nova York) o 19 de novembro de 1998 foi un director, guionista e produtor cinematográfico estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pakula naceu no Bronk, de pais de orixe xudía polaca, Jeanette Goldstein e Paul Pakula.[1] Comezou a súa carreira en Hollywood como axudante no departamento de animación en Warner Brothers. En 1957 levou a cabo a súa primeira produción para Paramount Pictures e en 1962 produciu To Kill a Mockingbird, que lle valeu unha candidatura ao Oscar ao mellor filme.
O seu primeiro filme como director foi The Sterile Cuckoo (1969), con Liza Minnelli.[2] Nos seguintes anos logrou éxitos con filmes coma Klute, Tódolos homes do presidente ou Sophie's Choice.
Pakula faleceu en 1995 nun accidente de tráfico na Long Island Expressway: un condutor diante del golpeou un tubo metálico que atravesou o parabrisas de Pakula dándolle na cabeza e causando que saíse da estrada cara a un valo, falecendo instantaneamente.[3]
Filmografía[editar | editar a fonte]
Ano | Título |
---|---|
1969 | The Sterile Cuckoo |
1971 | Klute |
1973 | Love and Pain and the Whole Damn Thing |
1974 | The Parallax View |
1976 | Tódolos homes do presidente |
1978 | Comes a Horseman |
1979 | Starting Over |
1981 | Rollover |
1982 | Sophie's Choice |
1986 | Dream Lover |
1987 | Orphans |
1989 | See You in the Morning |
1990 | Presunto inocente |
1992 | Consenting Adults |
1993 | O informe pelicano |
1997 | The Devil's Own |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Filmreference.com (ed.). "Alan Pakula Biography". Consultado o 8 de novembro de 2013.
- ↑ Canby, Vincent (23 de outubro de 1969). "The Sterile Cuckoo (1969) Screen: 'The Sterile Cuckoo,' Old-Style TV Drama". The New York Times.
- ↑ Sterngold, James (20 de novembro de 1998). The New York Times, ed. "Alan J. Pakula, Film Director, Dies at 70". Consultado o 17 de marzo de 2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alan J. Pakula ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Alan J. Pakula na IMDb (en inglés).
- Alan J PakulaArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine. – Daily Telegraph (obituario)
- Ensaio "The Pakula Parallax"
- Documentos de Alan J. Pakula, Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences