Ai Weiwei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ai Weiwei
Ai Weiwei.jpg
Weiwei no 2007.
Nome completoAi Weiwei 艾未未
Nacemento28 de agosto de 1957 (64 anos)
 Pequín, Flag of the People's Republic of China.svg China
EducaciónParsons School of Design, Art Students League of New York, Beijing Film Academy, Universidade de Pensilvania e Universidade de California en Berkeley
ObrasSunflower Seeds, Estadio Nacional de Pequín
CónxuxeLu Qing
Páxina webhttp://aiweiwei.com/
editar datos en Wikidata ]

Ai Weiwei (en chinés: 艾未未, en pinyin: Ài Wèiwèi), nado en Pequín o 28 de agosto de 1957 é un artista e activista chinés.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Nado en 1957, é fillo dun poeta chinés comunista, pero logo enfrontado co réxime de Mao e non se lle permitía vivir no mesmo sitio durante moito tempo, polo que tiñan que mudarse cada certo tempo.

Obra[editar | editar a fonte]

Ai colaborou cos arquitectos suízos Herzog & de Meuron como asesor artístico do Estadio Nacional de Pequín para os Xogos Olímpicos de 2008.[2] Como activista político, é abertamente crítico coa postura do Goberno chinés sobre democracia e dereitos humanos. Investigou a corrupción e os encubrimentos do goberno, en particular no escándalo de corrupción das escolas de Sichuan que seguiu ó Terremoto de Sichuan de 2008.[3] No 2011, despois de ser arrestado no Aeroporto Internacional de Pequín-Capital o 3 de abril, estivo detido durante 81 días sen cargos oficiais, aludindo os funcionarios a denuncias de "delitos económicos"[4], tras a devolución do seu pasaporte en 2015, Ai trasladouse a Berlín onde mantivo un gran estudo nunha antiga fábrica de cervexa. Viviu no estudo e utilizouno como base para o seu traballo internacional. Ai forma parte do Consello de Asesores do Comité para a Liberdade de Hong Kong (CFHK).

Foi o autor da película documental Coronation, filmada en Wuhan durante o confinamento[5] debido a ser primeira cidade no mundo en ser atinxida pola pandemia de COVID-19.[6]

Vida en Europa[editar | editar a fonte]

En 2019, anunciou que deixaría Berlín, dicindo que Alemaña non é unha cultura aberta. En setembro de 2019 mudouse a vivir a Cambridge, Inglaterra.[7]

A partir de 2021, Ai Wei Wei vive en Montemor-o-Novo, Portugal. De xullo de 2021 ao 6 de febreiro de 2022 expuxo obra no Museu Serralves do Porto (tamén no Parque, até xullo de 2022).[8]

Aínda mantén unha base en Cambridge, onde o seu fillo asiste á escola, e un estudo en Berlín. Ai dixo que permanecerá en Portugal a longo prazo "a non ser que suceda algo".[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cooper, Rafi (6 de xullo de 2008). The Observer, ed. "Cultural revolutionary". UK. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2008. Consultado o 6 de xullo de 2008. 
  2. BBC News, ed. (3 de marzo de 2005). "China's New Faces: Ai Weiwei". Consultado o 26 de abril de 2010. 
  3. Osnos, Evan, "It's Not Beautiful", The New Yorker, 24 de maio de 2010 pp.54–63.
  4. Wong, Edward (7 de abril de 2011). The New York Times, ed. "Chinese Defend Detention of Artist on Grounds of ‘Economic Crimes’". Consultado o 22 de setembro de 2013. 
  5. Ai Weiwei em entrevista exclusiva esta sexta-feira ao Ípsilon: “A China é como um vírus”, por Alexandra Prado Coelho, Publico, 2 de Setembro de 2020, 20:12
  6. O novo filme de Ai Weiwei é um retrato da covid-19 em Wuhan, onde tudo começou, por Daniel Dias, Publico, 23 de Agosto de 2020, 17:30
  7. "Ai Weiwei über Berlins Veränderungspläne: Deutschland ist keine offene Gesellschaft (Ai Weiwei sobre plans de mudanza de Berlin: Alemaña non é unha sociedade aberta)". Der Spiegel. 9 de agosto de 2019. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  8. "AI WEIWEI: ENTRELAÇAR". www.serralves.pt (en portugués). Consultado o 2022-04-07. 
  9. Demony, Catarina; Escritt, Thomas (4 marzo 2021). "Do novo A casa portuguesa, Ai Weiwei planea homenaxear ao "visionario" Gorbachov". Reuters. Consultado o 5 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Du Bin (2012). Shuo yuan shu she, ed. God Ai (艾神). Xianggang. ISBN 9789881644213. 
  • Laura Murray Cree, ed. (abril de 2009). Ai Weiwei: Under Construction. Sidney: University of New South Wales Press. ISBN 978-1-921410-73-4. 
  • Smith, Karen; Obrist, Hans Ulrich; Fibicher, Bernard (2 de abril de 2009). Phaidon Press, ed. Ai Weiwei. ISBN 978-0-714848-89-1. 
  • Tinari, Philip; Merewether, Charles (2 de agosto de 2008). Urs Meile, Peter Pakesch, Ai Weiwei, ed. Ai Weiwei: Works 2004–2007. JRP Ringier. ISBN 978-3-905829-27-3. 
  • Ai, Weiwei (2 de abril de 2007). Chen Weiqing, ed. Ai Weiwei: Fragments Beijing 2006. Timezone 8. ISBN 978-988-99015-3-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]