Ai Qing
Nome orixinal | (zh-cn) 艾青 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de marzo de 1910 Jinhua, República Popular da China (pt) |
Morte | 5 de maio de 1996 (86 anos) Pequín, República Popular da China |
Educación | China Academy of Art (en) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, pintor, escritor, xornalista |
Familia | |
Fillos | Ai Xuan, Ai Weiwei |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Ai Qing (chinés tradicional e simplificado: 艾青; pinyin: Aì Qīng; Wade-Giles: Ai4 Ch'ing1), nado en Jinhua o 27 de marzo de 1910 e finado en Pequín o 5 de maio de 1996, foi un escritor chinés considerado un dos máis grandes poetas chineses contemporáneos.
Biografía
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e influencias
[editar | editar a fonte]Naceu ao leste da China e estudou artes na escola Hangzhou Xihu. Viaxou a Europa e en París estudou a artistas como Renoir ou Van Gogh, filósofos como Kant ou Hegel. A súa obra está moi marcada polo poeta belga Émile Verhaeren.
Regreso a China
[editar | editar a fonte]Con vinte e dous anos, no seu regreso a China, estableceuse en Shanghái en 1932 e traballou como tradutor. Nesa época comezou a súa carreira literaria.
Tras a segunda guerra Sino-Xaponesa en 1937, escribiu "Neve en terra chinesa" (《雪落在中国的土地上》) ao chegar a Wuhan para apoiar esa ofensiva. En 1938, mudouse a Guilin onde foi editor do "Guixi Daily" newspaper. En 1940, nomeárono decano do departamento de chinés na Universidade YuCai de Chongqing. En 1941, mudouse a Yan'an e uniuse ao Partido Comunista da China ao ano seguinte.
Problemas co réxime
[editar | editar a fonte]En 1957 foi acusado de dereitismo por criticar o réxime chinés.[1] Foi exiliado a granxas de Manchuria en 1958 e a Xinjiang en 1959 e non se lle permitiu publicar as súas novelas "Canción de retorno" (《归来的歌》) e "Oda á luz" (《光的赞歌》) até 1979.
Recoñecementos e vida persoal
[editar | editar a fonte]Na súa segunda visita a Francia en 1980, o presidente François Mitterrand outorgoulle o título de "Comandante da Orde das Artes e as Letras".
É pai do artista e arquitecto Ai Weiwei.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ai Qing | Chinese poet | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-04-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ai Qing |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Columbia Encyclopedia
- 艾青 (La literatura china traducida en España)