A Godela, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade
| A Godela | |
|---|---|
Casa da Peste | |
| Parroquia | Aguasantas |
| Concello | Cerdedo-Cotobade |
| Coordenadas | 42°25′44″N 8°26′37″O / 42.428889, -8.443611 |
| Poboación | 1 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
A Godela é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 1 habitante (1 home), o que supón un aumento con respecto a 2010, cando estaba deshabitado.[1]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Polo lugar pasa o camiño de pedra que vai desde O Trebello até Sualomba (A Lama), cruzando o río Barbeira a través da ponte do Peso.
Neste lugar está un conxunto de dúas construcións en mal estado de conservación, coñecidas como casa da Peste.[2] Unha das casas ten un patio interior con dous arcos, e nun lintel a inscrición dun ano, 1721. A carón das casas está o peto de ánimas da Godela, de 1844.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Peto de ánimas
-
Peto de ánimas
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Aguasantas
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Aguasantas no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
|---|---|
|
Agualta | O Barazal | As Boliñas | Calvelle | O Campo | O Campodanta | A Casa Grande | O Casal | O Castro | Ceraxe | O Coto | A Coutada | A Coviña | O Cristil | Famelga | O Fental | A Godela | O Igrexario | Martín | A Pena | Penelas | Peroselo | A Portela | Portomartín | O Regueiro | Sucastro | Trasdonabal | O Trebello |
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-04.
- ↑ María Hermida (8 de outubro de 2017). "La Casa da Peste y su leyenda llaman a los turistas". La Voz de Galicia (en castelán).