Ceraxe, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade
| Ceraxe | |
|---|---|
Peto de ánimas da Meixoa | |
| Parroquia | Aguasantas |
| Concello | Cerdedo-Cotobade |
| Coordenadas | 42°25′45″N 8°26′58″O / 42.429167, -8.449444 |
| Poboación | 29 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Ceraxe é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 29 habitantes (12 homes e 17 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2010, cando tiña 35 habitantes.[1]
Neste lugar naceu o pai franciscano Andrés María Solla García.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Neste lugar atópanse dous cruceiros: un no Campo (Ceraxe de Arriba) e outro en Ceraxe de Abaixo. Aquí atopábase o pazo de Ceraxe. Parte das súas pedras foron usadas na construción da casa reitoral de Valongo.
O peto de ánimas da Meixoa (Ceraxe de Arriba) foi construído en 1878. É de tipo pechado, coroado cunha cruz alta e dous pináculos aos lados. Ten un fornelo pequeno arqueado, cun retablo de pedra policromada protexida por un vidro. O retablo ten a imaxe da Virxe co Neno Xesús sobre unha nube, un bispo baixo ela, e tres ánimas entre lapas por baixo deste. Ten dúas inscricións: na esquerda, TODOS DE CORAZON POR CIERTO SECOREDENOS CON EL PADRE NUESTRO, e na dereita TODOS LOS QUE IDES PASANDO ACORDADOS DE NOSOTRAS QUE ESTAMOS PENANDO.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Aguasantas
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Aguasantas no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
|---|---|
|
Agualta | O Barazal | As Boliñas | Calvelle | O Campo | O Campodanta | A Casa Grande | O Casal | O Castro | Ceraxe | O Coto | A Coutada | A Coviña | O Cristil | Famelga | O Fental | A Godela | O Igrexario | Martín | A Pena | Penelas | Peroselo | A Portela | Portomartín | O Regueiro | Sucastro | Trasdonabal | O Trebello |
Parroquias de Cerdedo-Cotobade
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-04.