O Trebello, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade
| O Trebello | |
|---|---|
Casa no Trebello. | |
| Parroquia | Aguasantas |
| Concello | Cerdedo-Cotobade |
| Coordenadas | 42°25′55″N 8°26′32″O / 42.431944444444, -8.4422222222222 |
| Poboación | 4 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O Trebello é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 4 habitantes (3 homes e 1 muller), o que supón unha diminución con respecto a 2010, cando tiña 5 habitantes.[1]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Neste lugar atópase o cruceiro de Trebello, cun oco dun esmoleiro pechado cunha porta de ferro situado no pedestal, e un pequeno reloxo de sol no fuste. Na mesma praciña hai un peto de ánimas construído na parede dunha casa, que antigamente tiña as figuras de santo Antón, santa Bárbara e santa Tareixa.
Do lugar parte un camiño de pedra cara a Sualomba (A Lama), pasando pola Godela e cruzando o río Barbeira a través da ponte do Peso.
O topónimo posiblemente fai mención a que neste lugar se colocaban trebellos, trampas de ferro para atrapar animais polos pés.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Cruceiro do Trebello
- Cabeceira do cruceiro
- Peto de ánimas
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Aguasantas
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Aguasantas no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade | |
|---|---|
|
Agualta | O Barazal | As Boliñas | Calvelle | O Campo | O Campodanta | O Casal | O Castro | Ceraxe | O Coto | A Coutada | A Coviña | O Cristil | Famelga | O Fental | A Godela | O Igrexario | Martín | A Pena | Penelas | Peroselo | A Portela | Portomartín | O Regueiro | Sucastro | Trasdonabal | O Trebello |
Parroquias de Cerdedo Cotobade
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-04.