Aeroporto Netaji Subhas Chandra Bose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto Netaji Subhas Chandra Bose
নেতাজি সুভাষ চন্দ্র বোস আন্তর্জাতিক বিমানবন্দর

IATA: CCU – ICAO: VECC
Sumario
Tipo público
Propietario Autoridade Aeroportuaria da India
Cidade/Illa Calcuta
Localización Dum Dum
Elevación (msnm) 5 metros / 16 pés
Coordenadas Coordenadas: 22°39′14″N 88°26′48″L / 22.653888888889, 88.446666666667
Web kolkatainternationalairport.com
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
01L/19R 2 790 9 154 asfalto
01R/19L 3 627 11 900 asfalto
Estatísticas (2016-2017)
Pasaxeiros 15 819 539

O aeroporto internacional Netaji Subhas Chandra Bose (IATA: CCUOACI: VECC) é un aeroporto situado en Calcuta, a capital do estado indio de Bengala Occidental, serviando á súa área metropolitana. Atópase a uns 17 quilómetros do centro da cidade. Anteriormente foi coñecido como aeroporto de Dum Dum antes de recibir o seu nome actual na honra de Netaji Subhas Chandra Bose, un importante líder do movemento de independencia indio.

O aeroporto de Calcuta é o principal centro de conexións para o transporte aéreo da parte leste do país e un dos dous aeroportos internacionais que operan no estado de Bengala Occidental, sendo o outro o de Bagdogra. No ano fiscal 2016-2017 usaron o aeroporto 15,8 millóns de pasaxeiros, sendo o quinto máis concorrido do país en termos de pasaxe despois de Delhi, Bombai, Bangalore e Chennai. O aeroporto é un importante centro de conexións para voos cara ao nordés da India, Bangladesh, Bután, a China e o Sueste Asiático.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
AirAsia Johor Bahru,[1] Kuala Lumpur-Internacional
AirAsia India Bagdogra, Bangalore,[2] Bhubaneswar, Delhi, Jaipur, Ranchi
Air India Agartala, Aizawl, Bagdogra, Bangalore, Bhubaneswar, Chennai, Delhi, Dacca, Dibrugarh, Dimapur, Gaya, Guwahati, Hyderabad, Imphal, Katmandú, Bombai, Port Blair, Silchar, Varanasi, Yangon
Alliance Air Guwahati, Lilabari, Ranchi, Shillong, Tezpur


Bhutan Airlines Bangkok-Suvarnabhumi, Paro
Biman Bangladesh Airlines Chittagong, Dacca
Cathay Dragon Hong Kong
China Eastern Airlines Kunming
Druk Air Bangkok-Suvarnabhumi, Paro, Singapur
Emirates Dubai-Internacional
Etihad Airways Abu Dhabi
GoAir Ahmedabad, Bagdogra, Bhubaneswar, Chennai, Delhi, Guwahati, Hyderabad, Jaipur, Lucknow, Bombai, Patna, Port Blair, Pune
IndiGo Agartala, Ahmedabad, Bagdogra, Bangalore, Bangkok-Suvarnabhumi, Bhubaneswar, Chennai, Coimbatore, Delhi, Dibrugarh, Dimapur, Goa, Guwahati, Hyderabad, Imphal, Indore, Jaipur, Kochi, Lucknow, Mangalore,[3] Bombai, Nagpur, Patna, Port Blair, Pune, Raipur, Ranchi, Thiruvananthapuram, Varanasi, Visakhapatnam
Indonesia AirAsia Denpasar/Balí
Luwang Airline Imphal
Myanmar Airways International Yangon
Novoair Dacca
Qatar Airways Doha
Regent Airways Chittagong, Dacca
Silk Air Singapur
Singapore Airlines Singapur
SpiceJet Agartala, Bagdogra, Bangalore, Bangkok-Suvarnabhumi, Chandigarh, Chennai, Dacca, Delhi, Goa, Guwahati, Hyderabad, Bombai, Patna, Port Blair, Pune, Silchar, Surat, Visakhapatnam
SriLankan Airlines Colombo
Thai AirAsia Bangkok-Don Mueang
Thai Airways Bangkok-Suvarnabhumi
US-Bangla Airlines Chittagong, Dacca
Vistara Delhi, Port Blair, Pune
Zoom Air Delhi, Durgapur, Jabalpur, Jorhat

Carga[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Blue Dart Aviation Bangalore, Chennai, Delhi, Bombai[4]
Cathay Pacific Cargo Delhi, Hong Kong
Qatar Airways Cargo Dacca, Doha

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Routes Online (ed.). "AirAsia adds Johor Bahru – Kolkata from Nov 2017". Consultado o 1 de marzo de 2018. 
  2. The Telegraph India (ed.). "Four new AirAsia flights from Aug. 1". Consultado o 1 de marzo de 2018. 
  3. Maps of India (ed.). "Flights From Kolkata to Bangalore". Archived from the original on 29 de novembro de 2016. Consultado o 1 de marzo de 2018. 
  4. Blue Dart (ed.). "Network". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2016. Consultado o 1 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]