Jalan Pekeliling 5, Lapangan Terbang Antarabangsa Kuala Lumpur, 64000 KLIA, Selangor LCC Terminal, Jalan KLIA S3, Southern Support Zone, KLIA, 64000 Sepang, Selangor Darul Ehsan, Malaysia B-13-15, Level 13, Menara Prima Tower B Jalan PJU 1/39, Dataran Prima 47301 Petaling Jaya Selangor Darul Ehsan, Malaysia
AirAsia opera co custo unitario máis baixo do mundo de 0,023 dólares por asento dispoñible cada quilómetro, e cun factor de carga rendible do 52%. Ten cubertas o 100% das súas necedidaes de combustible para os próximos tres anos, logra un tempo de cambio dos avións de 25 minutos, ten un nivel de produtividade de tripulacións mellor que o de Malaysia Airlines e unha taxa de utilización media dos avións de 13 horas por día. No ano 2007The New York Times describiu á aeroliña como unha "pioneira" da viaxe de baixo custo en Asia.[2] AirAsia é patrocinadora das seleccións de fútbol de Malaisia e de Singapur, e do Queens Park Rangers F.C. Tamén foi patrocinadora do Manchester United e da xira da cantante Taylor SwiftThe Red Tour en Asia.