O aeroporto internacional de Goa(IATA: GOI,OACI: VOGO), tamén coñecido como aeroporto de Dabolim, é o único aeroporto do estado indio de Goa. Está situado na cidade de Dabolim e opera tanto como aeroporto civil como unha base militar chamada INS Hansa. Está a 4 quilómetros da cidade de Vasco da Gama, a 23 de Margao, e a 30 de Panjim, a capital do estado.[1]
A terminal integrada do aeroporto inaugurouse en decembro de 2013. NO ano fiscal 2016-2017 pasaron polas súas instalacións un total de 6 856 362 pasaxeiros, cunha media de 131 operacións diarias. Debido a restricións de capacidade na terminal e conxestión do tráfico aéreo debido á forte presenza militar e naval, propúxose un segundo aeroporto en Mopa[2] que se atopa nas primeiras fase de construción agardándose a súa finalización en 2020.[3]
↑Airports Authority of India (ed.). "Goa International Airport". Archived from the original on 21 de abril de 2012. Consultado o 24 de febreiro de 2018.