US-Bangla Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
US-Bangla Airlines
S2-AJC (33928908864).jpg
IATA
BS
OACI
UBG
Indicativo
BANGLA STAR
Fundación2010
Inicio das operacións17 de xullo de 2014
Aeroporto principalaeroporto Hazrat Shahjalal
Frota7
Destinos15
HoldingUS-Bangla Group[1]
Páxina web: http://www.us-banglaairlines.com

US-Bangla Airlines é unha aeroliña de Bangladesh con sede en Dacca e baseada no aeroporto Hazrat Shahjalal.[2] A compañía é unha subsidiaria de US-Bangla Group, unha empresa conxunta estadounidense-bangladeshí.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

US-Bangla Airlines comezou a operar o 17 de xullo de 2014.[2] Inicialmente a aeroliña lanzou dous destinos domésticos dende o seu centro de conexións en Dacca: Chittagong e Jessore.[2] Os voos cara Cox's Bazar dende Dacca lanzáronse en agosto, e en setembro comezaron os servizos a Saidpur.

En xullo de 2016 a aeroliña anunciou plans para incorporar os seus primeiros dous avións Boeing 737-800 en setembro dese mesmo ano e posteriormente lanzar novas rutas internacionais cara Singapur, Dubai, Calcuta, Kuala Lumpur, Bangkok, Mascate e Cantón.[3]

Frota[editar | editar a fonte]

Bombardier Q400

En marzo de 2018 a frota de US-Bangla Airlines estaba formada polos seguintes avións:[4]

Frota de US-Bangla Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Boeing 737-800 4 3[5] 8 156 162 [6]
Bombardier Q400 3 3[5] 76 76 [7]
Total 7 6

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 US-Bangla Group (ed.). "Sister concerns". Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 The Daily Star (ed.). "US-Bangla Airlines takes to the skies". Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  3. The Daily Star (ed.). "US-Bangla Airlines adds first Boeing 737-800 to fleet". Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  4. Planespotters (ed.). "US-Bangla Airlines Fleet Details and History". Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  5. 5,0 5,1 The Daily Star (ed.). "US-Bangla Airlines to fly to Chinese city". Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  6. US-Bangla Airlines (ed.). "Details Boeing 737-800". Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  7. US-Bangla Airlines (ed.). "Details Dash 8 Q-400". Consultado o 11 de xuño de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]