Aeroporto Internacional de Entebbe
| Aeroporto Internacional de Entebbe | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Rexión Central | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Transporte | |||||||||||
|
Ofrece servizo a
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O Aeroporto Internacional de Entebe (IATA: EBB, OACI: HUEN) é o principal aeroporto de Uganda. Atópase próximo á cidade de Entebbe, á beira do lago Vitoria, a uns 35 km da capital Kampala.[1]
As oficinas da Autoridade de Aviación Civil de Uganda foron recolocados nun novo edificio adxacente ás terminais do aeroporto.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Entebbe foi a localización dunha base de hidroavións a finais da década de 1930, construída polos británicos para facilitar os voos de longa distancia desde Gran Bretaña a Suráfrica e outros lugares.
O 10 de novembro de 1951, o aeroporto foi aberto de novo logo de que se melloraran as súas infraestruturas. A pista 12/30 foi ampliada ata os 2,408 metros para adaptala aos avións de Havilland Comet.[3]
O 7 de febreiro de 1952, Isabel II do Reino Unido colleu o seu voo de regreso a Londres neste aeroporto, logo de ser proclamada raíña trala morte do seu pai Xurxo VI.[4]
No ano 1976, o aeroporto foi o escenario dunha operación de rescate de reféns por parte das Sayeret Matkal israelís, que recibiu o nome de Operación Entebbe, en 1976, tralo secuestro árabe-xermano dun voo de Air France que partiu de Tel Aviv e obtivo permiso de Idi Amin para aterrar en Entebbe. O escenario do rescate foi "o vello aeroporto", que foi recentemente demolido salvo pola súa torre — e que se atopaba contiguo ao "novo aeroporto".
Plans de modernización: 2015-2033
[editar | editar a fonte]In febreiro de 2015, o goberno de Corea do Sur, outorgou ao goberno de Uganda unha axuda de 27 billóns de xilins para a modernización do aeroporto.[5] Nese mesmo mes o goberno ugandés comezou a fase do proxecto de ampliación e expansión do proxecto que está prevista que se prolongue ata o ano 2035.[6][7][8] O custo aproximado da renovación é aproximadamente de 500 millóns de euros.[9][10]
Instalacións
[editar | editar a fonte]As instalacións para pasaxeiros inclúen bancos, restaurantes, tendas de duty-free e caixeiros automáticos.[11]
- A vella torre de control
- O edificio da vella terminal vista desde o aire.
- Imaxe aérea da cidade de Entebbe e o seu aeroporto ao solpor
- Restos do asalto de 1976
- Torre de control
- Terminal vella visto desde a fronte
- A terminal vella en 2009
Principais aerolíñas
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]| Aeroliñas | Destinos
|
|---|---|
| Brussels Airlines | Bruxelas1 |
| Eagle Air | Arua, Yei Charter: Apoka, Ishasha, Kasese, Kisoro, Mweya, Pakuba, Semliki, Soroti |
| EgyptAir | Cairo |
| Emirates | Dubai–International |
| Ethiopian Airlines | Adís Abeba |
| flydubai | Dubai–International |
| Fly-SAX | Nairobi–Jomo Kenyatta |
| Jambo Jet | Nairobi–Jomo Kenyatta,[12] |
| Kenya Airways | Bangui,[13] Kigali, Nairobi–Jomo Kenyatta |
| KLM | Ámsterdam |
| Precision Air | Dar es Salaam[14] |
| Qatar Airways | Doha[15] |
| RwandAir | Juba,[16] Kigali, Nairobi–Jomo Kenyatta[17] |
| South African Airways | Xohanesburgo-OR Tambo |
| Turkish Airlines | Aeroporto Internacional Atatürk3 |
| United Airlines Limited | Adjumani, Arua, Gulu, Nebbi, Moyo, Pakuba |
Notas: 1: Brussels Airlines realiza unha escala nos voos desde Bruxelas en Kigali.[18] Porén, a compañía non ten dereitos para transportar pasaxeiros so entre Kigali e Entebbe. 2: Ademais dos voos sen escala, algúns dos voos de KLM desde Ámsterdam ata Entebbe realizan unha escala en Kigali. Porén, a compañía non ten dereitos para transportar pasaxeiros so entre Kigali e Entebbe. 3: Turkish Airlines realiza unha escala nos seus voos entre Estanbul e Entebbe en Kigali.Porén, a compañía non ten dereitos para transportar pasaxeiros so entre Kigali e Entebbe.
- Aeroliñas que ofrecen servizos especiais ao pasaxeiro a destinos sen escalas
| Aeroliñas | Destinos
|
|---|---|
| United Nations Humanitarian Air Service | Bunia, Goma, Juba,[19] Kisangani,[20] Lubumbashi |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ GFC (9 de outubro de 2017). "Distance between Post Office Building, Kampala Road, Kampala, Uganda and Entebbe International Airport, Entebbe, Uganda". Globefeed.com. Consultado o 9 de outubro de 2017.
- ↑ "Location of the Civil Aviation Authority Head Office, Entebbe, Uganda". Consultado o 9 de outubro de 2017.
- ↑ Movietone, News. ""Africa's Largest Airport"". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2015. Consultado o 23 de maio de 2018.
- ↑ English, Rebecca (6 de febreiro de 2012). "To Her Majesty, all my thoughts and prayers are with you, Mummie: The message the Queen Mother sent her daughter as she flew home to become Queen". Daily Mail (London).
- ↑ Kisembo, Didas (6 de febreiro de 2015). "South Korea gives boost to Entebbe airport upgrade". Daily Monitor. Kampala. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2015. Consultado o 6 de febreiro de 2015.
- ↑ Nakitendde, Hadijah (23 de xuño de 2015). "NRM manifesto roots for aviation infrastructure expansion". Kampala: Sunrise.ug. Consultado o 17 de febreiro de 2016.
- ↑ Airport-technology.com (May 2016). "Entebbe International Airport Expansion". Airport-technology.com. Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
- ↑ Mugalu, Moses (31 de agosto de 2015). "Upgraded Entebbe to handle 3 million passengers". The Observer (Uganda). Kampala. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
- ↑ Anguyo, Innocent (26 de agosto de 2015). "Entebbe airport expansion starts on Saturday". New Vision. Kampala. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2015. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ Tentena, Paul (30 de novembro de 2014). "Entebbe airport set for $200m terminal". East African Business Week. Kampala. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ "Facilities at Entebbe International Airport". Whichairline.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 18 de abril de 2014.
- ↑ "Jambojet expands in the region to Uganda from January 2018". jambojet. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Kenya Airways Africa Service Changes from July 2016". routesonline. Consultado o 21 de xuño de 2016.
- ↑ Aviation Tribune (8 de marzo de 2017). "Precision Air resumes flights to Entebbe". Aviation Tribune. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2017.
- ↑ Otage, Stephen (29 de outubro de 2011). "CAA Ready For Qatar Airlines Entry Ahead of Maiden Flight". Daily Monitor. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2014. Consultado o 18 de abril de 2014.
- ↑ Thome, Wolfgang (2 de agosto de 2014). "RwandAir Set For Daily Entebbe-Juba Flights". Eturbonews.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2015. Consultado o 24 de maio de 2015.
- ↑ Situma, Evelyn (22 de xaneiro de 2015). "RwandAir To Start Entebbe-Nairobi Flights". Business Daily Africa. Nairobi. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2015. Consultado o 24 de maio de 2015.
- ↑ ROLC (11 de xuño de 2015). "Brussels Airlines W15 East Africa Service Changes". Routesonline.com (ROLC). Consultado o 9 de outubro de 2017.
- ↑ "UNMISS Has Resumed Direct Flights Between Juba And Entebbe". United Nations Television. 19 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 18 de abril de 2014.
- ↑ Thome, Wolfgang (18 de agosto de 2010). "UN Makes Entebbe Airport Regional African Peacekeeping Base". ETurboNews.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 18 de abril de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aeroporto Internacional de Entebbe |
