Aequipecten
Aequipecten Rango fósil: Triásico (hai 247,2 Ma.) – Actualidade [1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cuncha de Aequipecten opercularis | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Aequipecten é un xénero de moluscos bivalvos mariños da orde dos ostreidos, superfamilia dos pectinoideos, familia dos pectínidos, subfamilia dos pectininos e tribo dos equipectininos,[2] da que é o seu xénero tipo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1886 por Paul Henri Fischer,[2] médico, paleontólogo e zoólogo francés especializado en malacoloxía, no seu traballo:
- Fischer, P. (1880): Manuel de conchyliologie et de paléontologie conchyliologique, ou histoire naturelle des mollusques vivants et fossiles suivi d’un Appendice sur les Brachiopodes par D. P. Oehlert. Avec 23 planches contenant 600 figures dessinées par S. P. Woodward. París: F. Savy.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Aequipecten está formado polos elementos Aequi- e -pecten. O primeiro e o xenitivo do nominativo masculino singular do adxectivo latino æquus, -a, -um, "igual", e o segundo deriva no nome do xénero Pecten, aludindo é súa semellanza con este.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
- Aequipecten (Aequipecten) P. Fischer, 1886
- Aequipecten (Perapecten) H. P. Wagner, 1985
- Aequipecten (Perapecten) Wagner, 1985
- Chlamys (Aequipecten) P. Fischer, 1886
- Pecten (Aequipecten) P. Fischer, 1886
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade (2022) recoñécense no xénero as seguintes especies:[2]
- Aequipecten atlanticus (E. A. Smith, 1890)
- Aequipecten commutatus (Monterosato, 1875)
- Aequipecten flabellum (Gmelin, 1791)
- Aequipecten glyptus (A. E. Verrill, 1882)
- Aequipecten heliacus (Dall, 1925)
- Aequipecten nicklesi Dijkstra, 1998
- Aequipecten opercularis (Linnaeus, 1758)
Carcateríticas
[editar | editar a fonte]As especies deste xénero teñen as valvas máis ou menos desiguiais, pleurotécticas (coa valva dereita abaixo), viven libres suxeitas ao substrato por un biso. Cuncha de perfil cricular, con costelas radiais, e con expansións a modo de "ás" (orellas) no bordo do peche entre as valvas, unidas por un ligamento cunha cartlaxe central. O interior das valvas é aporcelanado.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aequipecten Fischer 1886 en Fossilworks.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Aequipecten P. Fischer, 1886 no WoRMS. Consultado o 28 de agosto de 2022.
- ↑ Aequipecten P. Fischer, 1886 en Catalogue of Life.
- ↑ Lindner 1977, p. 99.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aequipecten |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aequipecten |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lindner, Gert (1977): Moluscos y caracoles de los mares del mundo. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-308-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Aequipecten P. Fischer, 1886 en Catalogue of Life.