Aarón Sánchez
Aarón Sánchez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Aarón Sánchez Sánchez | ||
Nacemento | 5 de febreiro de 1998 (26 anos) | ||
Lugar de nacemento | A Coruña, Galicia | ||
Altura | m | ||
Posición | Extremo dereito | ||
Información de club | |||
Club actual | Coruxo FC | ||
Número | 30 | ||
Carreira xuvenil | |||
2013–2014 | CD Calasanz | ||
2014–2017 | RC Deportivo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2017–2018 | Racing de Ferrol | 9 | (0) |
2018–2019 | Silva SD | 34 | (15) |
2019–2020 | RC Deportivo Fabril | 29 | (7) |
2020–2021 | SCR Peña Deportiva | 14 | (4) |
2021– | Coruxo FC | 5 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 25 de outubro de 2021 [ editar datos en Wikidata ] | |||
Aarón Sánchez Sánchez, nado na Coruña o 5 de febreiro de 1998, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de extremo dereito e o seu equipo actual é o Coruxo Fútbol Club.
É irmán da tamén futbolista Carlota Sánchez e fillo de Jose Sánchez, que xogou no Deportivo Fabril na década de 1980.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, sendo elixido o mellor cadete de España en 2014.[2]
Despois de ser un dos xogadores destacados no Xuvenil, en 2017 disputou a pretempada co primeiro equipo do Deportivo[3] na que marcou un gol en Vilagarcía. Non obstante, ese verán acabou fichando polo Racing de Ferrol,[4] no que debuta en Segunda División B xogando 9 partidos.[2]
En 2018 ficha polo Silva SD, equipo no que xoga 34 partidos e marca 15 goles, converténdose nunha das revelacións da categoría.[5]
En xuño de 2019 regresa ao Deportivo da Coruña para xogar no Fabril as seguintes dúas tempadas.[5] A súa andaina no filial saldouse cun total de 7 goles en 29 partidos.[2]
En setembro de 2020 ficha pola SCR Peña Deportiva, equipo eivisenco da Segunda División B.[2]
En agosto de 2021 ficha polo Coruxo FC.[6]
Equipos
[editar | editar a fonte]Tempada | Equipo | Categoría | PX[7] | G[7] | TA | TV |
---|---|---|---|---|---|---|
2017-2018 | Racing de Ferrol | 2ª B | 9 | 0 | 2 | 0 |
2018-2019 | Silva SD | 3ª | 34 | 15 | 8 | 0 |
2019-2020 | Deportivo Fabril | 3ª | 29 | 7 | 5 | 0 |
2020-2021 | SCR Peña Deportiva | 2ª B | 14 | 4 | 1 | 0 |
2021-2022 | Coruxo FC | 2ª RFEF | 5 | 1 | 0 | 0 |
PX: Partidos xogados. G: Goles marcados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Los Sánchez están de moda". La Opinión A Coruña. 17 de marzo de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "La Peña ficha dos puñales". Periódico de Ibiza. 21 de setembro de 2020. Consultado o 25 de outubro de 2021.
- ↑ "Chema, Aarón Sánchez y Pedro Alves iniciarán la pretemporada con el Deportivo". Riazor.org. 4 de xullo de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2021.
- ↑ "Aarón, una joya que se marcha". La Opinión A Coruña. 18 de agosto de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 "Aaron Sánchez, primer fichaje del nuevo Fabril". El Desmarque. 2 de xuño de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2021.
- ↑ "Yago Gandoi y Aarón Sánchez, últimos fichajes del Coruxo". Faro de Vigo. 31 de agosto de 2021. Consultado o 25 de outubro de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 "Aarón Sánchez". lapreferente.com. Consultado o 26 de outubro de 2021.