Sociedad Cultural y Recreativa Peña Deportiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SCR Peña Deportiva»)
Peña Deportiva
NomeSociedad Cultural y Recreativa Peña Deportiva
Alcume(s)Peña
Fundación1935
EstadioCamp Municipal,
Santa Eulària des Riu, Eivissa, España
Capacidade1.500
PresidenteEspaña Razvan
AdestradorEspaña Dani Mori
Liga3ª División
2017–1819º (2ª División B)
Na rede
http://www.penyadeportiva.net/
Titular
Alternativo

A Sociedad Cultural y Recreativa Peña Deportiva, máis coñecida como Peña Deportiva (en catalán: Penya Esportiva), é un club de fútbol español de Santa Eulària des Riu, na illa de Eivissa. Actualmente xoga na Terceira División Española.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo nace o 31 de marzo de 1935, e vai ascendendo categorías ata chegar ao grupo balear da Terceira División na tempada 1985-86. Da man de Antonio Arabi Serra, ex xogador do RCD Espanyol de Barcelona, o equipo disputa a súa primeira tempada en Segunda División B no curso deportivo 1993/94. O conxunto conseguiu o ascenso grazas ao descenso por falta de pagamento aos xogadores da SD Ibiza na campaña 1992-93. Con todo, na seguinte tempada non consegue a permanencia e volta a Terceira.

En 2000, 2004, 2005 e 2006 xogou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda B. Na tempada 2007/08, o Peña Deportiva supera as dúas eliminatorias contra UD Mutilvera e CD Don Benito e volta á categoría de bronce. Igual que na tempada do seu debut, o equipo non consegue manterse na categoría.

En 2010, 2013, 2014, 2015, 2016 e 2017 xogou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda B. Non obstante, o descenso do Mallorca B de Segunda B a Terceira arrastrado polo descenso do Mallorca a Segunda B deixou unha praza vacante na categoría, que foi ocupada polo Peña Deportiva.[1] O seu paso pola categoría, igual que os dous anteriores, saldouse co descenso.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 3
  • Tempadas en : 31

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Terceira División (3): 2003-04, 2005-06, 2012-13
  • Subcampión de Terceira División (2): 1992-93, 2009-10
  • Rexional de Castela e León (1): 2015-16
  • Provincial de Salamanca (1): 2014-15

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Última Hora, ed. (3 de xullo de 2017). "La Peña Deportiva ya es equipo de Segunda B". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]