A Pescaría, A Coruña
A Pescaría, A Coruña | |
---|---|
Rúa de San Nicolao. | |
Concello | A Coruña |
Coordenadas | 43°22′12″N 8°24′03″O / 43.370102144423, -8.4007564505888 |
Poboación | 8913[1] hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Pescaría[2][3][4] é un barrio da Coruña, situado no istmo da península sobre a que se levanta a cidade. Foi o primeiro que se construíu extra muros por mor do aumento da poboación na Cidade Vella.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O seu nome débese ao feito de ser unha zona inicialmente habitada polos pescos (ou pescadores) da Coruña, pero foi traducido ao castelán por Pescadería.[5][6] Os procesos de normalización lingüística non resultaron na simple recuperación do topónimo medieval,[7] senón que supuxeron tamén a tradución literal do termo hexemónico en castelán polas palabras galegas que designan o lugar de venda do peixe: Peixería,[8] Peixaría[9] ou o híbrido Pescadaría.[10]
Historia
[editar | editar a fonte]A Pescaría xurdiu fóra da muralla debido ao crecemento da poboación a partir do século XIV. Xa en 1456 o concello pediu ao rei Henrique IV medidas para evitar o traslado da poboación dende a Cidade Vella.
A partir de entón, a Pescaría converteuse no núcleo comercial e pesqueiro, e contaba con dúas parroquias, a de San Xurxo e a de San Nicolao. A importancia da zona, que a principios do século XVI xa duplicaba a poboación da Cidade, provocou a mellora das condicións urbanas, ademais da necesidade de construír fortificacións. No século XVII estableceuse o primeiro convento do barrio, da Compañía de Xesús.[12]
As melloras culminaron no século XVIII coa construción de edificios como as Casas de Paredes, a Aduana ou o Consulado.
No século XIX a expansión do barrio produciuse cara ao Orzán co establecemento dalgunhas fábricas, ademais de pola construción do “Recheo”, que supuxo a ampliación do porto e a aparición dos Xardíns de Méndez Núñez.
Coa demolición das murallas conectouse a Pescaría coa Cidade Vella pola zona próxima á praza de María Pita e comezou a ampliación da cidade co proxecto do Primeiro Ensanche no Campo de Carballo. Dentro dos plans de aliñamento de principios do século XX leváronse a cabo o proxecto do que foi o mercado de Santo Agostiño e a apertura da rúa de Durán Loriga para conectar mellor a Pescaría co novo ensanche.[12]
Descrición
[editar | editar a fonte]A diferenza do plano da Cidade Vella, a Pescaría ten un trazado lonxitudinal. Isto é debido a que esta zona cumpría a función de unir o núcleo primitivo cos camiños de saída, orixinariamente as rúas Real e de Santo André.
Dentro da Pescaría existían dous espazos morfolóxicos diferentes: o sector de San Nicolao tiña quinteiros pequenos e rúas entrecortadas, mentres que na zona de Santo André había quinteiros máis amplos con hortas no seu interior.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Suma dos datos das seccións correspondentes segundo o IGE (2015) Arquivado 16 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ Coruña, La Opinión de A. ""Os topónimos cóntannos o que eramos e o que agora ninguén lembra"". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2020-02-01.
- ↑ "Quen Somos? - Historia Século XVI-XVII". www.puertocoruna.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 2020-02-01.
- ↑ Coruña, Concello da Coruña. ""Dende Pescaría"". www.facebook.com. Consultado o 2018-18-08.
- ↑ Concello da Coruña
- ↑ Casas da Pescaría en Turgalicia
- ↑ El monopolio de los zapateros
- ↑ Guía da Coruña
- ↑ José Manuel Sande destaca a conexión da Coruña mariñeira e da vangarda artística da segunda edición do Festival Mar de Mares
- ↑ Diario Oficial de Galicia
- ↑ Estudos previos
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Precedo Ledo, Andrés (1990). La Coruña metrópoli regional (en castelán). Fundación Caixa Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bello, José María; Barral, Dolores; Saavedra, Mª Carmen; De Artaza, Manuel Mª; Colino, Ana; Grandío, Emilio (2001). Historia de A Coruña. Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-85-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia de la Zona Obelisco Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Mapa antigo
- Estudio MMASA; Ergosfera; Desescribir; Pescadería 20; Grupo Dodó (2011). "Pescadería. Un barrio oculto no centro". Colexio de Arquitectos de Galicia. Consultado o 24 de febreiro de 2016.