Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires
Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires | |||
---|---|---|---|
Tipo | asociación ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1923 ![]() | ||
Localización | |||
País | Arxentina ![]() | ||
Sede | Buenos Aires ![]() | ||
[ Wikidata ] |
A Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires foi unha asociación galeguista de Bos Aires constituída en 1923.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada por Eduardo Blanco Amor e Ramiro Illa Couto en agosto de 1923, vencellada á Irmandade Nazonalista Galega. O seu voceiro era Terra, do que saíron cinco números, todos monolingües en galego.
En 1924 tralo comezo da ditadura de Primo de Rivera, a asociación esgaza en dous, Blanco Amor e os seus partidarios marchan á Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, mentres o outro sector encabezado por Manuel Oliveira Viqueira, Moisés da Presa, Clemente López Pasarón e Lino Pérez refúndana en 1925, con A Fouce como voceiro, cun carácter marcadamente independentista.
En 1927 a Irmandade convértese nunha asociación cultural co nome de Sociedade d'Arte Pondal (posteriormente coñecida como Sociedade Nazonalista Pondal).