Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales foi unha agrupación constituída en 1921 por cincuenta sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Buenos Aires.

Historia[editar | editar a fonte]

Constituíuse o 24 de setembro de 1921. Foi fundada por Antón Alonso Ríos, Ángel Martínez Castro e Bonifacio Botana, en representación das sociedades Hijos del Ayuntamiento de Silleda e Comité Auxiliar de las Sociedades Agrícolas de Puenteareas. O seu primeiro presidente foi Ángel Martínez Castro. Tiña por obxectivo coordinar as asociacións locais e potenciar os valores de Galicia, a través da organización de conferencias, exposicións de arte e veladas literarias. Editaba o periódico El Despertar Gallego. A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da federación en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ao proclamarse a Segunda República en España enviou como delegados a Alonso Ríos, Pedro Campos Couceiro e Ramón Suárez Picallo, que colaboraron na redacción do estatuto galego. A partir de 1930 El Despertar Gallego foi substituído por Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Díaz, Hernán M. (2007). Fundación Sotelo Blanco-Biblos, ed. Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires. ISBN 987-950-786-574-9 |isbn= incorrecto: invalid prefix (Axuda). 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]