Rally da Coruña de 1991

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «9º Rally da Coruña»)
Rally Cidade da Coruña de 1991
CategoríaEspaña España
Galicia Galicia
OrganizadorEscudería La Coruña
ÁmbitoNacional
Rexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónEspaña Daniel Alonso
AnteriorRally da Coruña de 1990
SeguinteRally da Coruña de 1992

O Rally da Coruña de 1991 foi a 9ª edición de dito rally. Foi a sétima proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally e foi puntuable tamén para a Copa de España. Celebrouse o 25 de agosto de 1991 e o vencedor foi o asturiano Daniel Alonso.[1]

Resumo[editar | editar a fonte]

O canario "Carlos" foi o máis rápido nos treitos diúrnos, pero o seu Mercedes 190E comezou a fallar nos treitos nocturnos e viuse adiantado polo Ford Sierra Cosworth do asturiano Daniel Alonso. Finalmente o motor do Mercedes parou na segunda pasada por Meirama, polo que Alonso conseguiu comodamente a vitoria nun rally que xa ganara dous anos antes. Ademais foi o máis rápido nos tres dos catro treitos que restaban por disputarse. Tamén Manuel Senra abandonou na sección nocturna, ao sufrir unha saída de pista e un problema mecánico no primeiro dos treitos que a conformaban, Soandres, cando ocupaba a terceira posición. Gonzalo Arche estaba segundo tras o abandono de "Carlos" pero perdeu a posición en favor do berciano Antonio Garrido, que quedou finalmente segundo. Miguel Dopico, sobre un Peugeot 309 GTI 16v, chegou á meta en cuarta posición.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1 España Daniel Alonso España Salvador Belzunces Ford Sierra Cosworth 1h33'17''
2 España Antonio Garrido Galicia Humberto González Ford Sierra Cosworth 1h33'21''
3 España Gonzalo Arche España Ana Arche Renault Clio 1h37'49''
4 Galicia Miguel Dopico Peugeot 309 GTI 16v
5
6
7
8 Galicia Juan Carlos Táboas Citroën AX Sport
9
10
11 Galicia Ricardo Vidal Peugeot 205 GTI
Abandonos
- Galicia Manuel Senra Galicia José Maceiras Peugeot 205 GTI -
- España Carlos Totoricagüena Mercedes-Benz 190E 2.3 16v -
- Galicia Arturo Rial Galicia Mario Pazos Citroën AX Sport

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Arévalo, Fernando (26 de agosto de 1991). "Alonso obtuvo su segundo triunfo en el Rally de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 37. 


Predecesor:
Rally Rías Baixas
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1991
Sucesor:
Rally de Vigo