Óscar Lomba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Óscar Lomba
Nacemento1966
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Óscar Lomba Álvarez, nado en Vigo en 1966, é un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciado en Dereito Económico pola Universidade de Vigo.

Traballa como Persoal de Servizos Xerais (P.S.X.) na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (E.O.X.I) do Servizo Galego de Saúde no departamento de Formación Continuada e Docencia en Vigo.

Membro da directiva de ESCULCA. Tamén é activista da Plataforma de Afectados pola Hipoteca e membro de ProLingua e AGAL. Afiliado á Confederación Intersindical Galega. Colaborador habitual en prensa escrita, ten publicado artigos de opinión en Diario 16 de Galicia, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, El Correo Gallego, A Trabe de Ouro, Tempos Novos, A Nosa Terra, Xornal de Galicia, Galicia Hoxe e A Peneira. Militante do sector crítico do PSdeG-PSOE de Vigo, deuse de baixa a principios de 2012 para integrarse en Unidade da Esquerda Galega. O 21 de xuño de 2012 incorporouse a Compromiso por Galicia, pero un mes máis tarde abandonou CxG para integrarse en Anova - Irmandade Nacionalista, da que foi membro da Coordinadora Nacional[1]. Foi dirixente de Nova Esquerda Galega, e desde fins de 2014 milita en Cerna[2]. Ao longo dos anos 2015 e 2016 partícipou como candidato en diversos procesos internos de Podemos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]