Óscar Graña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Óscar Graña Blanco»)
Infotaula de personaÓscar Graña

Óscar Graña, na parte de atrás do C2, co seu compañeiro Ramón Ferro
Nome orixinalÓscar Graña Blanco
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Galicia
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporte Piragüismo


Óscar Graña Blanco, nado en Pontevedra en 1976, é un piragüista galego que compite na modalidade de maratón. É o deportista español máis laureado nesta disciplina,[1] con trece medallas no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón entre os anos 2004 e 2018, e dez medallas no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón entre os anos 2003 e 2018.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Asociouse ao arousán Ramón Ferro, co que comezou a competir en probas de C-2. A súa primeira cita importante foi o Mundial de Zamora en 2002, onde quedaron quintos,[4] e en 2003 lograron a súa primeira medalla no Campionato de Europa, ao remataren en segunda posición. En 2004 conquistaron a súa primeira medalla no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón tras finalizar terceiros,[5] resultado que repetiron en 2005.[6] Nas seguintes tres edicións, 2006, 2007 e 2008, lograron tres pratas,[7][8][9] ademais doutra prata no Europeo de 2007.[10] En 2009 gañaron a medalla de ouro no Europeo, mentres que non puideron participar no Mundial ao ser hospitalizado Ferro por unha meninxite.[4] En 2010, en Banyoles, convertéronse por primeira vez en campións do mundo.[11][12] En 2011 logrou outra medalla de prata no Europeo xunto a Ferro, mentres que non competiu no Mundial pois tivo que realizar as oposicións á Policía Nacional.[4]

En 2012, proclamouse campión do mundo de novo xunto a Ferro en Roma,[13][14] título que revalidaron ao ano seguinte en Copenhague.[15] Tamén en 2013 se proclamaron campións de Europa por segunda vez.[16] En 2014 repetiron vitoria no Europeo e lograron o terceiro posto no Mundial, celebrado en Oklahoma City.[17] En 2015 e 2016, lograron a prata tanto nos Europeos como nos Mundiais,[18] mentres que no 2017 se fixeron cun bronce europeo[19] e unha prata no mundial.[20]

En decembro de 2017, Ramón Ferro anunciou a súa retirada do piragüismo, polo que Graña comezou a competir con Diego Romero Fraga como compañeiro. A nova parella proclamouse campioa de Europa[1] e do mundo en 2018.[21][22] No ano 2019 quedou en sétima posición no Campionato Europeo de Piragüismo de Maratón disputado en Francia, xunto co seu compañeiro Jose Manuel Sánchez, ao envorcar e perder un tempo que non foron quen de recuperar.[23] No Mundial disputado en outubro na China, participou xunto ao veterano Pedro Areal, finalizando en quinta posición.[24]

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Evento
2004 Bergen (Noruega Noruega) Medalla de bronce C2
2005 Perth (Australia Australia) Medalla de bronce C2
2006 Trémolat ( Francia) Medalla de prata C2
2007 Győr (Hungría Hungría) Medalla de prata C2
2008 Týn nad Vltavou (República Checa República Checa) Medalla de prata C2
2010 Banyoles (Cataluña Cataluña) Medalla de ouro C2
2012 Roma (Italia Italia) Medalla de ouro C2
2013 Copenhague (Dinamarca Dinamarca) Medalla de ouro C2
2014 Oklahoma City (Estados Unidos de América Estados Unidos) Medalla de bronce C2
2015 Győr (Hungría Hungría) Medalla de prata C2
2016 Brandeburgo (Alemaña Alemaña) Medalla de prata C2
2017 Pietermaritzburg (Sudáfrica Suráfrica) Medalla de prata C2
2018 Vila Verde (Portugal Portugal) Medalla de ouro C2
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Evento
2003 Gdansk (Polonia Polonia) Medalla de prata C2
2007 Trenčín (Eslovaquia Eslovaquia) Medalla de prata C2
2009 Ostróda (Polonia Polonia) Medalla de ouro C2
2011 Saint-Jean-de-Losne ( Francia) Medalla de prata C2
2013 Vila Verde (Portugal Portugal) Medalla de ouro C2
2014 Piešťany (Eslovaquia Eslovaquia) Medalla de ouro C2
2015 Bohinj (Eslovenia Eslovenia) Medalla de prata C2
2016 Pontevedra (Galicia Galicia) Medalla de prata C2
2017 Ponte de Lima (Portugal Portugal) Medalla de bronce C2
2018 Metković (Croacia Croacia) Medalla de ouro C2

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Óscar Graña y Diego Romero, campeones de Europa de maratón en C-2". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2018. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  2. Óscar Graña en CanoeResults.eu (en inglés).
  3. Lista de medallistas olímpicos e mundiais en piragüismo (1936-2007): parte 1, parte 2. Federación Internacional de Piragüismo (en inglés).
  4. 4,0 4,1 4,2 "Ramón Ferro cuelga la pala como el canoísta español de maratón más laureado de la historia" (en castelán). 13 de decembro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  5. "Resultados de Bergen 2004" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  6. "Resultados de Perth 2005" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  7. "Resultados de Trémolat 2006" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  8. "Resultados de Győr 2007" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  9. "Resultados de Týn nad Vltavou 2008" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  10. "Resultados de Trencin 2007". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  11. "Graña-Ferro: "Esta medalla cierra un círculo"... Campeones del mundo" (en castelán). 26 de setembro de 2010. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  12. "Resultados de Banyoles 2010" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  13. "Ramón Ferro... pasión por el mar" (en castelán). 6 de outubro de 2012. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  14. "Resultados de Roma 2012" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  15. "Resultados de Copenhague 2013" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  16. "ÿscar Graña y Ramón Ferro dan a Pontevedra otra medalla de oro en los Europeos de Maratón". Pontevedra Viva (en castelán). 9 de xuño de 2013. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  17. "Resultados de Oklahoma City 2014" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  18. "Resultados de Győr 2015" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  19. "Ramón Ferro y Óscar Graña, bronce en el europeo en Ponte da Lima" (en castelán). 2 de xullo de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  20. "Los incansables Óscar Graña y Ramón Ferro, plata en el Mundial de Sudáfrica". Pontevedra Viva. 10 de setembro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  21. "Diego Romero y Óscar Graña, campeones del mundo de maratón en C2". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de setembro de 2018. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  22. "Resutlados de Vila Verde 2018" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  23. Nova Campionato Europeo 2019 no Diario de Pontevedra (en castelán)
  24. "España, segunda por países, cierra el Mundial de Maratón cosechando 10 medallas, 7 en sénior, 1 en sub23 y 2 en júnior" (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  25. «Nuevos Ingresos del piragüismo en la Real Orden del Mérito Deportivo» Arquivado 18 de abril de 2017 en Wayback Machine.. Federación Española de Piragüismo (en castelán).