Saltar ao contido

Évald Iliénkov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÉvald Iliénkov

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1924 Editar o valor en Wikidata
Smolensk, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte21 de marzo de 1979 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
EducaciónMoscow University's Department of Philosophy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDialectical logic (en) Traducir, epistemoloxía, teoria do conhecimento (pt) Traducir, filosofía, materialismo dialéctico e Marxismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo , psicólogo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoCategoria:Filosofia do século XX (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstitute of Philosophy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
MovementoFilosofía continental Editar o valor en Wikidata
Influencias
LinguaLingua rusa Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoValery Kovalenko (en) Traducir e Alexander Meshcheriakov (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiVasily Ilyenkov (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Évald Vasílievich Iliénkov (en ruso Э́вальд Васи́льевич Илье́нков), nado en Smolensk o 18 de febreiro de 1924 e finado en Moscova o 21 de marzo de 1979, foi un filósofo marxista soviético.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A familia Iliénkov trasladouse de Smolensk a Moscova cando el era cativo. Dende moi novo, Évald interesouse pola música de Richard Wagner e a filosofía de Baruch Spinoza. As conferencias do seu profesor Boris Stepánovich Chernyshov sobre a Lóxica de Hegel, marcaron a súa traxectoria futura. Tivo que interromper os seus estudos durante a II Guerra Mundial para ingresar ao Exército Vermello. Combateu na fronte occidental, e cunha batería da artillaría acadou chegar até Berlín. Logo, continuou estudando na Facultade de Filosofía da Universidade Estatal de Moscova, onde se graduou en 1950. En 1953 Iliénkov doctorouse cunha tese sobre "Algunhas cuestións da dialéctica materialista na obra de Marx Crítica da Economía Política". Casou coa profesora Olga Salímova.

En 1955, a súa obra A dialéctica do abstracto e o concreto no Capital de Marx foi criticada como "distorsión do marxismo", primeiro nos círculos académicos e políticos universitarios e logo no diario Pravda, e en 1956 Iliénkov e o seu compañeiro I. Korovikov foron despedidos dos seus cargos como profesores. Dende 1968 traballou no Instituto de Filosofía, ao cal ingresou cando era dirixido por Pável Kopnín. Dende entón as súas obras foron publicadas. En 1979 suicidouse sen que se teñan establecido as causas.

Concepcións

[editar | editar a fonte]

Estudou cuestións centrais da filosofía, principalmente a teoría do coñecemento e a lóxica dialéctica, dende un punto de vista materialista. Resaltou a unidade entre o subxectivo e o obxectivo e o vencello orgánica entre a lóxica e a Historia. Foi un crítico incesante do positivismo. A filosofía alcanza unha reflexión do pensamento en si mesmo.

Como filósofo tratou tamén preguntas sobre psicoloxía e educación e escribiu sobre a teoría da personalidade, o desenvolvemento do pensamento e a apropiación do coñecemento no ensino da escola. Tivo particular interese na teoría da actividade en conexión coa escola cultural-histórica. Realizou investigacións no colexio de internos para xordos de Zagorsk so a dirección de Aleksandr Mescheriakov e tratou de continuar o labor deste tras o seu falecemento en 1974.

  • Диалектика абстрактного и конкретного в "Капитале“ Маркса (A dialéctica do abstracto e o concreto no Capital de Marx). Moscova 1960
  • К вопросу о природе мышления (A cuestión da natureza do pensamento). Moscova 1968
  • Об идолах и идеалах (Sobre os ídolos e os ideais). Moscova 1968
  • Диалектическая логика. Очерки истории и теории (Lóxica dialéctica. Ensaios sobre historia e teoría). Moscova 1974
  • Ленинская диалектика и метафизика позитивизма (A dialéctica leninista e a metafísica do positivismo). Moscova: Politizdat 1980
  • Искусство и коммунистический идеал (A arte e o ideal comunista). Moscova: Iskusstvo, 1984
  • Философия и культура (Filosofía e cultura). Moscova: Politizdat 1991

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Ильенков. Фильм Александра Рожкова (Iliénkov. Película de Aleksandr Rozhkov), 83 minutos, 2017. Documental sobre a biografía e legado teórico de Évald Iliénkov, subtitulado en inglés e que pode verse en YouTube.
  • O programa venezolano "Escuela de Cuadros" dedicou algúns dos seus números ao estudo da obra de Évald Iliénkov, como os programas titulados "Marx e o mundo occidental", "Dialéctica do ideal" e "A escola debe ensinar a pensar", os tres baixo a guía do filósofo cubano Rubén Zardoya Loureda.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • M.M. Rosenthal e P.F. Iudin Dicionario Filosófico. Montevideo: Edicines Pueblo Unidos, 1965.
  • Evald Vasiliev Ilienkov Enciclopedia filosófica Symploké]
  • Ilyenkov, Evald Vasilyevich (1924-1979) (en inglés) The Marxists Internet Archive]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]