Gnoseoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A gnoseoloxía(do grego γνωσις gnosis 'coñecemento' ou 'facultade de coñecer' e λόγος logos 'razoamento' ou 'discurso') é unha rama da filosofía que estuda a natureza, a orixe e o alcance do coñecemento.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A gnoseoloxía non estuda os coñecementos particulares, como poden ser o coñecemento da física, da matemática ou dos arredores inmediatos, senón o coñecemento en xeral, aínda que pode falar sobre os límites e o fundamento doutros coñecementos particulares; por exemplo, ao dilucidar que valor ten unha "medida" usada pola física.

Os problemas en torno ao coñecemento son centrais na filosofía e a súa consideración iníciase coa filosofía mesma, especialmente con Platón, en especial no seu diálogo titulado Teeteto. Practicamente todos os grandes filósofos contribuíron á gnoseoloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]