Miguel Pampín Rúa
Miguel Pampín Rúa | |
---|---|
Nacemento | 26 de febreiro de 1963 |
Lugar de nacemento | Melide |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Miguel Ramón Pampín Rúa, nado en Melide o 26 de febreiro de 1963, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi Director do Centro de Servizos Sociais de Melide. Foi alcalde do concello de Melide entre 1991 e 2004. En maio de 2004 deixou a alcaldía para centrarse no Senado, sendo substituído pola súa compañeira de partido Ángeles Vázquez Mejuto. Foi Presidente do Consorcio de Concellos Galegos do Camiño de Santiago (1999-2000). Foi senador pola provincia da Coruña (2000-2008). En 2011 publicou o libro El verdadero Camino de Santiago. El Camino de la fe[1].
Predecesor: Manuel Angel Rey Rodríguez |
![]() Alcalde de Melide 1991 - 2004 |
Sucesor: Ángeles Vázquez Mejuto |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Miguel Pampín, escritor La Voz de Galicia, 27/10/2011 (en castelán).