Xurxo V de Hannóver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xurxo V de Hannover")
Xurxo V de Hannóver

Xurxo V, Rei de Hannóver e 2º duque de Cumberland e Teviotdale, Georg Friedrich Alexander Karl Ernst August , nado en Berlín o 27 de maio de 1819 e finado en París o 12 de xuño de 1878, foi o único fillo do rei Ernesto Augusto I de Hannóver, 1º duque de Cumberland, o quinto fillo de Xurxo III do Reino Unido, e da súa muller, a princesa Federica de Mecklenburgo-Strelitz. Era curmán da raíña Vitoria I. Foi o derradeiro soberano gobernante do efémero reino de Hannóver e antecesor da rama xermana da casa de Hannóver.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa Alteza Real o príncipe George Frederick Alexander Charles Ernest Augustus, naceu en Berlín. Orixinalmente ostentou o título de príncipe Xurxo de Cumberland e pasou a súa infancia en Berlín e Gran Bretaña. Perdeu a vista dun ollo durante una enfermidade infantil e a do outro nun accidente en 1833. Despois da morte de Guillerme IV de Inglaterra e o ascenso ao trono da raíña Vitoria I de Inglaterra, a unión persoal de 104 anos dos tronos de Gran Bretaña e Hannóver chegou ao seu fin debido á operatividade da lei sálica nos estados xermanos. O duque de Cumberland ocupou entón o trono de Hannóver como o rei Ernesto Augusto I e o príncipe Xurxo de Cumberland converteuse en príncipe herdeiro de Hannóver. Como descendente lexítimo da liña masculina de Xurxo III, seguiu sendo membro da familia real británica e era o segundo na liña sucesoria ao trono británico ate o nacemento do primeiro fillo da raíña Vitoria, a princesa Vitoria, en 1841. Estando totalmente cego, houbo dúbidas sobre a capacidade do príncipe para acceder ao goberno de Hannóver; pero o seu pai decidiu que estaba capacitado para o cargo.

Rei de Hannóver[editar | editar a fonte]

O príncipe herdeiro sucedeu ao seu pai como rei de Hannóver e duque de Brunswick-Lüneburg, así como duque de Cumberland e Teviotdale, e conde de Armagh o 18 de novembro de 1851, asumindo o nome de Xurxo V. De seu pai e do seu tío materno, o príncipe Charles Frederick de Mecklenburgo-Strelitz (1785—1837), un dos homes máis influentes na corte prusiana, Xurxo aprendeu a ter un moi alto e autocrático punto de vista da autoridade real. Durante o seu reinado de 25 anos, tivo moitas disputas co Landtag de Hannóver (o parlamento). Tendo apoiado a Austria na dieta da confederación alemá en xuño de 1866, refusou, contrariamente aos desexos do parlamento, aceptar a demanda prusiana dunha neutralidade sen armas durante a guerra austro-prusiana. Como resultado, o exército prusiano ocupou Hannóver e o exército de Hannóver rendeuse o 29 de xuño de 1866 e o rei e a familia real voaron cara á Austria. O goberno prusiano anexionou formalmente Hannóver o 20 de setembro, pero o deposto rei nunca renunciou aos seus dereitos ao trono nin recoñeceu as accións prusianas. Desde o exilio en Gmunden, Austria, apelou en van aos grandes poderes europeos para que interviñesen nos asuntos de Hannóver.

Familia e fillos[editar | editar a fonte]

Xurxo casou o 18 de febreiro de 19843 en Hannóver coa súa alteza real a princesa María de Saxonia-Altenberg (14 de abril de 1818-9 de xaneiro de 1907), a filla máis vella de Josef, duque de Saxonia-Altenberg, e a súa muller, a duquesa Amelia de Württemburg. O matrimonio deu como froito 3 fillos:

O rei Xurxo V morreu en París en xuño de 1878. Foi enterrado na capela de San Xurxo, no castelo de Windsor.