Manuel Caamaño Devesa
(Redirección desde «Xosé Caamaño Devesa»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Caamaño.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1879 Laxe |
Morte | 1928 Montevideo |
Lugar de sepultura | o 13 de maio de 1928 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Xénero artístico | poesía |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Caamaño Devesa,[1] nado en Laxe en 1879 e finado en Montevideo en maio de 1928, foi un poeta galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou á Arxentina e a Uruguai. Foi mariñeiro e pesador de carbón no porto de Buenos Aires. Publicou en La Voz de Galicia (de Buenos Aires), Alborada, El Despertar Gallego e Céltiga.[2]
Foi soterrado o 13 de maio de 1928 no cemiterio do Cerro (Montevideo).
Obra[editar | editar a fonte]
- Marisqueiras (poemario, non se conserva).
Colectiva[editar | editar a fonte]
- Namorados da Costa da Morte, Concello de Cee/Asociación Neria, 2001.
- De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte), Santiago de Compostela, Sotelo Blanco Edicións, 2009.
- VV.AA.Tamén navegar, escolma de poesía galega sobre carpintería de ribeira e embarcacións tradicionais. Ed. de Fernández Naval. Toxosoutos, 2011, ISBN 978-84-92792-95-5.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O Dicionario biográfico de Galicia (T. 1, p. 144) e o DEGU (T. 11, P. 56), ambos de Ir Indo, refírense a el como: Caamaño Devesa, Xosé.
- ↑ Villar González, Arximiro B.: A poesía galega de Antón Zapata García. Edición e estudo. 2007, USC.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Álvaro de las Casas: Antología de poetas gallegos, 1939.
- Xosé María Rei Lema: Dicionario de Escritores e Escritoras da Costa da Morte p. 20, 2011.